O BNG COSTA DA MORTE DA POR REMATADA A CAMPAÑA, E ENVÍA O MATERIAL MÉDICO RECOLLIDO
O día 2 deste mes, o Bng Costa da Morte poñía a toda presa, por razóns alleas, a campaña de recollida de medicamentos para enviar a Gaza.
A recollida desbordou as nosas previsións, a xente da Costa da Morte acudíu en masa a doar mediciñas; de todo había entre o material, dende os analxésicos, antibióticos e antiinflamatorios, ate as luvas e material de sutura que se solicitaba.
Queremos deastacar tamén, a enorme solidaridade da xente independentemente dos seus recursos, proba delo as caixas de medicamentos que viñan encetadas, pero que a xente prescindíu delas para poder enviar a Palestina.
Con todo, no remate da campaña, enchemos a furgoneta dun compañeiro que, altruistamente transportará hoxe Compostela todo o recadado.
Non podemos mais que dar as grazas de todo corazón, a todas e cada unha das persoas que colaboraron, as farmacias Val Álvarez, e Díaz Álvarez de Fisterra, a farmacia de Marina Chao Díaz da Anchoa, a farmacia Guillén de Cee, a farmacia de O Pindo en Carnota, e a parafarmacia Cee pola súa imprescindible e desinteresada colaboración, sen eles o éxito tería sido moito menor.
GRAZAS A TODOS E TODAS.
DENDE GALIZA PARA GAZA.
PALESTINA LIBRE!!!
Cee a 11 de Setembro de 2014
Serxio Domínguez Louro