O BNG COSTA DA MORTE PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL MÉDICO PARA GAZA

O BNG COSTA DA MORTE PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL MÉDICO PARA GAZA

Dende o BNG Costa da Morte iniciamos unha campaña de recollida de Medicamentos destinada á poboación Palestiniana que estivo a sufrir o asedio do exército israelí, e que padece feridas de guerra nunha situación de emerxencia na que se necesitan medicamentos e persoal sanitario para atender aos máis de dez mil feridos provocados pola agresión do exército sionista.

A campaña, en colaboración coa asociación galaico-árabe Yenin-Comunidade Palestina e a Fundación Araguaney, pretende recoller analxésicos, antiinflamatorios, antibióticos, betadine, pomadas para queimaduras, apósitos, vendas, gasas, luvas, material de sutura, protésico, etc...; e paliar así a falta deste material nos hospitais palestinianos, tan afectados polos bombardeos sionistas.

A campaña prolongárase até o 10 de setembro.

Costa da Morte

Os puntos de recollida son:

Cee... local da Cig, O Son, ao lado da estrada a Fisterra en horario de 5 a 9 da tarde.

Corcubión... Casa do Concello.

Muxía... Centro de Saúde.

Fisterra.. Local de O Peixeiro, praza da constitución, 7. Calquer día a partires das 7 da tarde, e os luns, xoves e domingos todo o día.

Cee a 2 de Setembro de 2014

Serxio Domínguez Louro

O BNG COSTA DA MORTE PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL MÉDICO PARA GAZA