O BNG COSTA DA MORTE PRESENTA A CAMPAÑA CONTRA A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O BNG COSTA DA MORTE PRESENTA A CAMPAÑA CONTRA A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

O Bng Costa da Morte ven de presentar a campaña contra reforma da administración local en Vimianzo coa presenza do responsable comarcal Serxio Domínguez Louro, os tres alcaldes do Bng na zona, Manolo Muiño de Zas, Manolo Antelo de Vimianzo e Moncho Noceda de Carnota, e coa presenza de Goretti Sanmartín, responsable de política municipal do Bng.

Ruina para a cidadanía, así damos en chamar a campaña que pretende sensibilizar a poboación sobre o perigo que supón esta reforma para os concellos de menos de 20000 habitantes, que por outro lado son todos os da nosa zona.

Así, esta reforma, vai retirar competencias aos nosos concellos que son imprescindíbeis que sexan ofrecidos polas administacións locais, aquelas que son as mais cercanas a poboación.

Servizos sociais, centros de maiores, escolas infantís, escolas deportivas, parques infantís, equipamentos deportivos como campos de fútbol ou polideportivos, van ser deste xeito asumidos polas deputacións e privatizados de inmediato para darllos a grandes empresas que serán quen os ofrezan baixo unha única premisa, a sostentibilidade económica, cando de todos e todas e sabido que hai servizos imprescindíbeis (centros de maiores ou escolas infantís) e que non deben responder únicamente a eses criterios.

A mais, a dispersión poboacional na Galiza, non pode ser tratada do mesmo xeito que comunidades do interior con moitísimos menos núcleos de poboación, mais parace que iso ao PP non lle preocupa o mais mínimo.

Isto, levará consigo que os cidadáns xa non poderán ir a reclamar directamente aos concellos, se non que deberán facelo a cen quilómetros da súa casa, nas oficinas da deputación, ou sinxelamente non poderán nin reclamar.

Esta norma, responde claramente ao interese do Pp de reformar todo de forma que a única política posíbel sexa a deles, e iniciativas tan importantes coma as dos concellos do Bng que están asumindo o gasto do repago farmaceutico dos enfermos crónicos, non vaian ser posíbeis si a reforma sae adiante.

Destacar tamén que, a Federación Galega de Municipios e Provincias, ven de declarse en contra desta reforma, unha Fegamp presidida polo alcalde popular de Ferrol, pólo que a postura dos rexidores do Pp, de mantela diante do goberno, podería ser determinante para a paralización da reforma, ou como non, o dictado do Consello de Estado, presidido polo señor Romay Beccaría, que fala en termos de Anticonstitucional cando se refire a dita lei.

Cee, a 23 de Outubro de 2013

Serxio Domínguez Louro

Rolda  de imprensa en Vimianzo

O BNG COSTA DA MORTE PRESENTA A CAMPAÑA CONTRA A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL