O BNG da Costa da Morte denuncia a discrecionalidade coa que se presentan os orzamentos do 2016

O BNG da Costa da Morte denuncia a discrecionalidade coa que se presentan os orzamentos do 2016

O BNG da Costa da Morte denuncia a discrecionalidade coa que se presentan os orzamentos do 2016, que non permite coñecer o investimento real que a Xunta destina á Comarca.

• Os investimentos reais son prácticamente inexistentes.

Na amplía documentación en tomos que se expón, as referencias de investimentos para Concellos da Costa da Morte practicamente non existen. O Partido Popular segue a esquecer unha vez mais a comarca, a ignorala e apartala da realidade socioeconómica do país.

Só figura detallada con “nomes e apelidos”, a previsión de fondos para a “autovía da Costa da Morte” (con 9.158.993 euros), baixo a responsabilidade da “Axencia Galega de Infraestruturas”, e que son destinados ao canon a pagar a empresa en canto teña rematada a obra.

? Das poucas referencias que se fan, só consta a de “Portos de Galiza”, que ofrece detalle dun pírrico investimento de 200.000 para a mellora do abrigo do porto de Fisterra (nunha obra que valoran en 660.000 euros).

? Nin referencias concretas para os centros de ensino, de saúde, infraestruturas e mantemento de vías, programas de cultura, conservación patrimonio, dinamización turística, nin tan sequera a dotación para o servizo de gardacostas despregado en varios portos da Costa da Morte. O parque do megalitismo, a variante ao porto de Brens, o saneamento integral de Cée, o centro de saúde de Fisterra, a promoción e coidado dos cabo Fisterra e o cabo Touriñán, etc... non aparecen por ningures nuns orzamentos discriminatorios coa nosa bisbarra.

Atopámonos antes os orzamentos menos transparentes de toda a lexislatura. Sorprende que os investimentos aos concellos fiquen en secredo, nun momento no que o PP fixo bandeira da “transparencia nas contas públicas”, todo se prega ao manexo partidista do PP dende a Xunta, nun ano, o 2016, no que haberá eleccións. Preténdese pois facer campaña co diñeiro de todos e todas.

O formato no que se presentan prescinde este ano de detallar a “territorialización” por concellos das diferentes partidas orzamentadas. Cando sempre se viña facendo con este nivel de detalle, agora a Xunta só proporciona o gasto a nivel de provincia, para a práctica totalidade dos programa e conceptos. Agóchanse baixo a discrecionalidade da Xunta, e dos seus departamentos, como redirixir os investimentos.

En Cee, a 21 de outubro de 2015.

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do BNG da Costa da Morte.

O BNG da Costa da Morte denuncia a discrecionalidade coa que se presentan os orzamentos do 2016