O BNG da Costa da Morte presenta emendas aos presupostos da Xunta.

O BNG da Costa da Morte presenta emendas aos presupostos da Xunta.

• Paco Jorquera e Xan Carlos Sar, candidato de Nós, candidatura galega, presentaron as enmendas

Paco Jorquera declarou ... “A xunta presume duns orzamentos expansivos porque o gasto se incremena en 365 me, cando durante todo o periodo feijóo os recortes ascenderon aos 10.000 millóns de euros. Ademais o goberno feijóo xa nos ten acostumados a orzamentar para logo non executar. Rebaixas fiscais demagóxicas e regresivas, un simple reclamo electoral. Chequé bebé. Só durante un ano: sei que pasado un ano acabouse a caída demográfica. Mellor sería apostar polo emprego estábel e ben remunerado, por políticas que favorezan a conciliación e por reforzar a rede pública de escolas infantís. “ Son os orzamentos dun goberno que sabe que está no fin do seu ciclo político e intenta salvarse á desesperada cuns orzamentos electoralistas e non críbeis”.

No que respecta a bisbarra, declarou...Son os orzamentos da consolidación da marxinación costa da morte.

Autovía da costa da morte absorve grande parte do investimento (9.158.953 e) (2017:22,531. 2018:23,094. 2019:47,935

Consecuencia: unha autovía recortada. Farase ata Baio e non ata Berdoias., recórtase o 40% do trazado inicial.

Xan Carlos Sar enumerou as enmendas:

1. Contradique de abrigo Porto Fisterra

2. Seguridade viaria, acondicionamento e dotación Servizos da travesía da estrada AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.

3. Construción do centro de saúde de Fisterra

4. Posta en marcha do Plan Director do Cabo Fisterra.

5. Reparación, mellora e mantemento dos centros escolares de Fisterra.

6. Mellora das estacións de bombeo e colectores da rede de saneamento de Fisterra.

7. Mellora saneamento depuración das aldeas que faltan para acadar a plena depuración das augas en Camariñas.

8. Ampliación e mellora da EDAR de Cée-Corcubión.

9. Seguridade viaria, acondicionamiento e dotación servizos da travesía da estrada

AC-552 (avd. Fisterra) e da AC 550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cée.

10. Dotación material Hospital Cee e dotación persoal Hospital Cee.

11. Dotación sistemas para operatividad heliporto Ruibo.

12. Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.

13. Variante acceso Porto de Brens.

14. Saneamento integral ría Corcubión

15. Dotación equipamento Centro de día de Corcubión.

16. Ampliación e mellora da rede de auga potable e saneamento no rural en Muxía.

Unhas enmendas que van mais aló dos trece millóns de euros e que pasan por ser imprescindíbeis para o despegue inicial da Costa da Morte... dixo o candidato de Nós, Candidatura Galega.

Cée, a 20 de novembro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

FullSizeRender (3)

O BNG da Costa da Morte presenta emendas aos presupostos da Xunta.