O BNG da Costa da Morte renova a súa dirección comarcal.

O BNG da Costa da Morte renova a súa dirección comarcal.

Na xuntanza da asemblea comarcal celebrada a semana pasada, e dentro do proceso da XV Asemblea Nacional, o conxunto da militancia da fronte elixía a nova dirección comarcal.

Nove mulleres e homes forman parte do novo consello comarcal, entre eles concelleiros e concelleiras, e na que seguirá a súa fronte o concelleiro en Cée, Serxio Domínguez Louro, que seguirá contando como vicerresponsábel con Carlos Fdez. Concheiro, concelleiro en Muxía. A eles, uniranse os responsables locais de todas a cada unha das localidades da Costa da Morte.

Destacar que, ademais das responsabilidades de finanzas, secretaría, política municipal e acción feminista, créase por primeira vez a área de pesca, na que estará ao seu fronte o tenente de alcalde en Fisterra Xan Carlos Sar, membro tamén do novo consello nacional.

A destacada actividade económica que depende do mar na Costa da Morte, así como os problemas que sofre, fai que dende o Bng comarcal pensaramos en crear esta área, para así tratar de dar voz as mulleres e homes do mar de forma destacada dentro da nosa organización, e polo tanto tamén, dentro das institucións das que formamos parte.

Costa da Morte, a 28 de marzo de 2016

O BNG da Costa da Morte renova a súa dirección comarcal.