O BNG mantivo a semana pasada unha reunión cos delegados da sección sindical da CIG en Ferrotlántica

O BNG mantivo a semana pasada unha reunión cos delegados da sección sindical da CIG en Ferrotlántica

O BNG mantivo a semana pasada unha reunión cos delegados da sección sindical da CIG en Ferrotlántica Cee-Dumbría-CH na que lles amosaron a preocupación e incerteza sobre o futuro das fábricas de ferroaleacións unha vez que a empresa insiste pola vía dos feitos, en dar pasos en camiñados a segregar as actividades de producción de enerxía eléctrica das ferroaleacións.

Caso é o da posta en marcha da subestación de Regolle, que permitiría a suministración directa á rede eléctrica da centrais e minicentrais novas ou que a xestión administrativa das mesmas se leve dende Madrid.

Ademais de denunciar os incumprimentos de inversión comprometidos no sector das ferroaleacións para a potenciación das factorias e creación de emprego nesta comarca, e polo contra realizadas noutras partes do mundo (Venezuela, China, Canada, Suráfrica) iso sí, cos beneficios xerados aquí. Claro exemplo dun modelo de neocolonialismo consistente en esquilmar os recursos naturais mentres emigran os beneficios económicos.

O BNG neste sentido xa no 2013 presentou iniciativas parlamentarias relacionadas a construcción de novas centrais e sobre o impacto medioambiental e as consecuencias coas fábricas de ferroaleacións.

Por todo isto, O BNG volveu presentar onte no parlamento novas iniciativas lembrando que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e o Tribunal Supremo xa fallaron en contra da intención da empresa Ferroatlántica de segregar a producción de enerxía eléctrica e de ferroaleacións e polo tanto que se adopten as medidas para evitalo, así como exixir a Ferroatlántica o cumprimento dos seus compromisos de inversión, garantindo o incremento da actividade productiva e dos postos de traballo na nosa comarca.

O BNG mantivo a semana pasada unha reunión cos delegados da sección sindical da CIG en Ferrotlántica