O BNG PRESENTA ENMENDAS AOS ORZAMENTOS DO ESTADO REFERIDAS A COSTA DA MORTE

O BNG PRESENTA ENMENDAS AOS ORZAMENTOS DO ESTADO REFERIDAS A COSTA DA MORTE

A comarca non pode esperar mais por inversións, mentres os nosos xoves emigran a diario

O Bng da Costa da Morte, a través das parlamentarias en Madrid, Olaia Fernández Dávila e Rosana Pérez, levou tres enmendas referidas a nosa bisbarra, e que pasan por ser tres inversións necesarias e imprescindíbeis para a mellora da calidade de vida na zona.

Dentro da campaña xa comezada de reivindicación da posta en funcionamento da base de Salvamento Marítimo, solicitamos que se fagan as inversións precisas para o seu funcionamento en condicións óptimas e imprescindíbeis, e dicir, coa tecnoloxía suficiente para que o helicóptero poida despegar en calquer momento, sexan cales sexan as condicións meteorolóxicas. A mais, débese de dotar de gardas presencias do persoal, o que significaría que o tempo de resposta fose inmediato, e non como viña sendo mentres funcionou, onde o tempo de resposta era maior que si o helicóptero viñese dende Coruña ou Compostela.

Solicitamos tamén do goberno do estado, a construcción e dotación dunha base anticontaminación no peirao de Brens. Polo corredor marítimo de Fisterra pasan anualmente 40 mil barcos, 16 mil deles con mercancías perigosas, o que deixa mais que claro a necesidade desa base para estar protexidos de futuras desgrazas similares a do Prestige.

Por último, pedimos que dunha vez por todas se lle poña freo a contaminación da ría de Corcubión, tendo que ser preciso para o caso, unha inversión forte para a posta en marcha dun plan integral de rexeneración da ría, limpando os seus fondos e poñendo as condicións para a recuperación dos bancos marisqueiros. Ademais, o correcto funcionamento da depuradora que da servizo a Cee e Corcubión, así como a separación de augas fecais e pluviais, son peza imprescindíbel para a consecución dunha ría limpa, productiva e económicamente viva.

Cee, a 29 de outubro de 2014

Serxio Domínguez Louro