O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA PARA DOTAR DE SERVIZOS A AUTOCARAVANAS NA COSTA DA MORTE

O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA PARA DOTAR DE SERVIZOS A AUTOCARAVANAS NA COSTA DA MORTE

O autocaravanismo é un fenómeno en auxe en todo Europa. Segundo os dados da DXT, cada ano visitan o estado español unhas 400.000 autocaravanas, ás que hai que engadir as 35.000 que están matriculadas no conxunto estatal. Podemos polo tanto afirmar que hai un segmento turístico importante en relación con este sector e un potencial por explotar. Estamos ante un perfil de turista que ten un poder adquisitivo elevado e que fai viaxes longas.

Diferentes webs especializadas neste tipo de turismo dan conta de que en Alemaña contan con máis de 2.000 áreas de servizo e pernocta para autocaravanas, Franza unmhas 2.400 e Italia máis de 1.000. Este tipo de servizos son moi importantes porque os seus usuarios contan cunha cultura arraigada de usar este tipo de equipamentos.

Galiza conta cunhas cen áreas de servizo para autocaravanas.

As mais cercanas a Costa da Morte están situadas no concello da Laracha.

A pesar de que se ten anunciado en ocasións levar adiante actuacións en diversos concellos, o certo é que estas non chegaron a materializarse. De feito, na comarca ten sido noticia a prohibición de estacionamento destes vehículos nos Portos, ocasionando o malestar dos autocaravanistas e sendo un elemento disuasorio para o potencial turístico desta zona. Non podemos perder de vista que segundo diversos estudos o gasto medio dunha persoa que viaxa en autocaravana son 40 euros por día e que a media dos viaxes oscilan entre os 45 e 100 días.

Consideramos que a Xunta debería buscar soluicións aos problemas e implicarse para potenciar este tipo de turismo.

Polo dito fromulamos a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:

O Parlamento insta á Xunta de Galiza a executar, en diálogo coas administracións locais, un plan que dote de áreas de servizo para autocaravanas á Costa da Morte. Este plan contará con dotación orzamentaria e iniciarase a súa execución no prazo de dous meses. Mentres estes equipamentos non estean listos, a Xunta de Galiza, desistirá das restriccións impostas ás autocaravanas por estacionar nas dársenas dos portos desta comarca.

Costa da morte, a 4 de Marzo de 2015

Serxio Domínguez Louro

O BNG PRESENTA UNHA INICIATIVA PARA DOTAR DE SERVIZOS A AUTOCARAVANAS NA COSTA DA MORTE