O BNG REUNIUSE COAS COFRADÍAS DA COSTA DA MORTE

O BNG REUNIUSE COAS COFRADÍAS DA COSTA DA MORTE

Onte, o responsábel de Pesca do BNG no parlamento galego, Daniel Rodas, e a candidata a alcaldía Ilva Carril, mantiveron unha reunión con representantes do sector pesqueiro en Camariñas.

Entre os representantes do sector estaban a patrona maior e o vicepatrón maior primeiro de Camariñas, o patrón maior da Confraría de Camelle e o presidente dos percebeiros.

O BNG escoitou a demanda do sector e trasladou as diferentes propostas e iniciativas que ten o BNG para o criadeiro de bivalbos de Camariñas, que neste momento está totalmente abandonado pola Xunta de Galiza, despois de terse feito unha inversión millonaria. Tamén se tratou sobre a flota da xarda e a defensa que está a facer o BNG na arte do xeito.

Xa pola tarde, e coa presenza da europarlamentaria do BNG Ana Miranda e o voceiro no Concello Xabier Paz, reuníronse coas xentes do mar, coa presenza do patrón de Corcubión e a secretaria de o Pindo, para explicar a defensa do arte do sector do "xeito" feita polo BNG, e polo sector na Comisión Europea.

Para rematar a visita a Costa da Morte, acudiron a Fisterra, e na compaña do voceiro en Fisterra, Xan Carlos Sar, tiveron unha reunión cos xeiteiros da localidade (10 embarcacións), e coa presenza de vinte mariñeiros.

En palabras de Ana Miranda..."A Comisión admitiu, despois de escoitar directamente aos xeiteiros galegos, o erro de prohibila, manifestando, despois disto, a súa sorpresa por que as autoridades españolas e galegas non tiveran informado nada disto".

Daniel Rodas afirmou que "na pesca da sardiña a Xunta de Galiza non asumiu as súas competencias...e vendeu ao sector ao non defendelo”.

Xan Carlos Sar: "preocupábame que os xeiteiros de Fisterra non foran escoitados; queremos que os problemas dos mariñeir@s de Fisterra teñan voz no Parlamento. O PP non o fai, o BLOQUE si"

Cee, a 30 de Xaneiro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng

camariñascorcubiónfisterra 1

O BNG REUNIUSE COAS COFRADÍAS DA COSTA DA MORTE