O BNG REXEITOU NO PARLAMENTO A AMPLIACIÓN DAS MINICENTRAIS DO XALLAS

O BNG REXEITOU NO PARLAMENTO A AMPLIACIÓN DAS MINICENTRAIS DO XALLAS

• A proposta foi apoiada por Psoe e Age, mais o Bng engadiu un plan de Desenvolmento para a comarca.

Hoxe, 22 de Marzo de 2014, e coincidindo co día internacioan da auga, o Bng aclara o pasado a semana pasada no paralamento.

O bng presentou unha proposta na cámara galega para rexeitar o novo plan de actuacións hidroeléctricas previsto para o río Xallas, así como convidou ao goberno galego a impulsar un plan especial de desenvol-vemento económico da Costa da Morte, asentado na excelencia dos seus produtos, as vantaxes do seu territorio e o aproveitamento sustentábel, coa posta en valor dos recursos procedentes do mar, da agrogandería, e do patrimonio natural, cultural e turístico presentes nesta comarca.

Para o Bng é posíbel apostar por un modelo de desenvolvemento distinto dun modelo colonial, un modelo de desenvolvento que aposta por pan para hoxe e fame para mañá, un modelo consistente en esquilmar os nosos recursos naturais en beneficio de multinacionais, un modelo ónde os beneficios emigran, mentres Galiza ten que apandar cos custes medioambientais.

No sector eléctrico temos un bó exemplo, Galiza produce moita máis electricidade da que consume. Boa parte da enerxía eléctrica que se produce en Galiza está destinada a atender as necesidades de abastecemento eléctrico doutros mercados.

Ademais, Galiza nen sequera pode aproveitar a súa especialización produtiva na xeración de electricidade na creación de riqueza e emprego por mor da política tarifaria única imposta polo goberno central, unha política que impide que galiza poida utilizar a disponibilidade de electricidade abundante e barata para atraeer industrias e crear riqueza e emprego.

O río xallas é o río galego máis sobreexplotado de entre os que xestiona directamente a Xunta de Galiza.Ten catro encoros: fervenza, ponte olveira, castrelo e santa uxía.

Coa autorización de 3 novas turbinas intercaladas entre os 4 existentes, o Xallas pasará a ser o río co caudal máis enaxenado do estado.

A pesar do grao de afectación que xa supoñen os catro encoros en funcionamento ,o Xallas mantén treitos fluviais de alto valor ecolóxico, e unha das últimas fragas costeiras que fican en Galiza e no occidente de Europa, a Devesa deAnllares, unha fraga ata o de agora mellor conservada que as fragas do Eume e que paradoxalmente a Xunta pretende protexer extendendo o lic Carnota- Monte Pindo da Rede Natura.

Este e outros espazos están ameazados por este proxecto.

Os postos de traballo que xerará esta reponteciación serán ridículos, non se achegarán nen de lonxe aos prometidos pola deputada Marisol Piñeiro que segue a mentir aos veciños e veciñas da Costa da Morte. En calquer caso, serán moitos menos que os que se podrían conseguir coa a posta en valor dos imensos recursos da Costa da Morte como elemento tractor do desenvolvemento da comarca.

Enagdir ademais que a empresa que ten a concesión para explotar este recurso natural, Ferroatlántica, beneficiouse de concesións públicas supeditadas ao mantemento dos postos de traballo, sen embargo, estaos reducindo e a produción da súas factorías de ferrosilicios na Costa da Morte disminúe para incrementala nas factorías de Sudáfrica e Venezuela.

Incluso está desmantelando algunhas das súas unidades de produción como o forno nº 11 da factoría de Brens.

O Bng aposta pola diversificación económica, por completar na propia Costa da Morte os ciclos produtivos evitando que sexa simplesmente fornecedora de materias primas para a súa transformación noutros territorios e sobre todo impulsar a posta en valor dos seus imensos recursos e potencialidades.

Serxio Domínguez Louro