O BNG TACHA DE ILÓXICA A POSTURA DA XUNTA CO CENTRO DE DÍA DE CORCUBIÓN

O BNG TACHA DE ILÓXICA A POSTURA DA XUNTA CO CENTRO DE DÍA DE CORCUBIÓN

Trala visita do pasado xoves a nosa bisbarra do delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro, nas que declarou que “non ten sentido facer colexios onde non hai nenos, o mesmo que non ten sentido abrir o centro de día cando a demanda está cuberta”.

A Xunta de Galicia, non só non cumpre co seu deber coa nosa bisbarra, se non que trata de facernos comungar con rodas de muíño, coas súas declaracións. A nosa comarca, cunha índice de poboación moi alto de persoas maiores, non pode carecer dun centro de día, mais tendo en conta que xa existe unha instalación feita en Corcubión.

O responsable comarcal do Bng, Serxio Domínguez declarou que .... O sr. Rodeiro asegurou na súa visita que as necesidade estaban cubertas cos centros de día de Cabana e Muros, mais obviou o dato mais importante, a distancia a que se encontra dos lugares mais lonxe.

Poñamos por exemplo unha familia de Fisterra que ten que deixar aos seus maiores nun centro por razóns de traballo. Ben, pois esta familia debería percorrer 53 quilómetros para ir a Cabana, co correspondente tempo, 2 horas para ir e volver até fisterra, o que supón 4 horas ao día. Se elixise Muros, a distancia sería de 57 qms e mais de catro horas de camiño, o que deixa as claras que o que propón o delegado da Xunta é un auténtico disparate, sen contar ademais que en Cabana xa non hai prazas libres.

Polo tanto, e tendo claro a necesidade deste servizo (ninguén entendería unha comarca sen servizos de gardería), compre que a Xunta repense a súa postura e poña en marcha o centro de día comarcal de Corcubión, que ademais de seguro quedaría pequeno en moi pouco tempo. Para reclamar esa necesidade, o Bng vai presentar na vindeira semana unha moción en cada un dos concellos no ámbito de influencia, para poder trasladar a Xunta a imperiosa necesidade dese servizo.

Ademais, Serxio Domínguez dixo que ... Desde o Bng tentamos ser coherentes e non prometer imposibles nos nosos programas electorais, e digo isto porque se vén asegurando que todos os partidos levaban a promesa de construír un centro de día en Cee, mais non é así. No programa electoral do Bng falabamos de loitar pola apertura do de Corcubión, e non de un novo, conscientes da necesidade de dar pasos realistas e non falsas promesas, polo que agora é hora de que todos os grupos se pronuncien sobre unha realidade, que non é outra que a de que o Pp non vai abrir unha instalación feita para ese uso en concreto e que pensa en adicar a outra cousa.

Cee, a 27 de setembro de 2017

Serxio Domínguez Louro

Concelleiro do Bng de Cee

O BNG TACHA DE ILÓXICA A POSTURA DA XUNTA CO CENTRO DE DÍA DE CORCUBIÓN