O BNG VOLVERÁ CO RÍO XALLAS AO PARLAMENTO

O BNG VOLVERÁ CO RÍO XALLAS AO PARLAMENTO

• Pedirá explicacións e solucións inmediatas

O pasado mes de agosto, o Bng presentaba no parlamento galego unha iniciativa e varias preguntas polas obras que se están a realizar no río Xallas con motivo da repotenciación das minicentrais.

Na iniciativa, e baseándonos na denuncia interposta por Adega ante a fiscalía, e que se sostén nun informe asinado por once investigadores das tres universidades galegas, enumerabamos unha por unha as especies perxudicadas, algunha delas en perigo de extinción, así como a superficie afectada. Pedíamos por todo elo, a paralización das obras e que se profundizase no estudo científico do impacto das mesmas na consevación dos hábitats e especies protexidas.

A día de hoxe, o goberno galego de Núñez Feijjo non tivo a ben contestar as preguntas nin definirse ante as iniciativas.

Hoxe amencíamos coas declaracións-ameazas do concelleiro do Pp en Dumbría, concello afectado xunto a Mazaricos, nas que pedía a dimisión da conselleira e nas que anunciaba a súa intención de levar o caso o xulgado de Muros.

Tras este episodio, o Bng volverá a presentar outra iniciativa urxente para pedir a paralización inmediata das obras e abrir unha investigación sobre o acaecido no río Xallas.

As declaracións do concelleiro, nas que asegura que a conselleira estaba ao tanto, e incluso o ten recoñecido nun correo electrónico, fan que estas medidas sexan de aplicación urxente.

É preciso que se dean explicacións inmediatas, xa que se podería estar a incorrer nun suposto caso de delito de prevarición por altos cargos do goberno da Xunta.

Cée, a 6 de Outubro de 2015

Serxio Domínguez Louro