Visita de Daniel Rodas á Costa da Morte

Visita de Daniel Rodas á Costa da Morte

O pasado venres, o deputado Daniel Rodas, acompañado do responsable comarcal Serxio Dominguez Louro, e do concelleiro en Fisterra, Xan Carlos Sar, mantiveron unha reunión co presidente de Asoar-Armega en Corcubión.

Na xuntanza, o Bng escoitou as preocupacións do sector que fundamentalmente son as que sempre o Bng alertou sobre elas, a nula aposta da Xunta de Galiza polo sector artesanal, inclinando mais as súas preferencias cara a acuicultura. Luis Rodríguez, o presidente da entidade, expilcou pormenorizadamente a problemática actual do polvo, da xarda ou do marisqueo nas rías galegas.

Dende o Bng, na voz de Daniel Rodas, puxémonos a disposición del e do sector para seguir a loitar pola supervivencia da pesca artesanal, así como lle demos conta das iniciativas tomadas no parlamento galego para tratar de solucionar os problemas por él mencionados.

Así mesmo, expuxémos en detalle as iniciativas iniciadas polo Bng para por fin dunha vez por todas na ría de Corcubión, da contaminación existente derivadas da nula xestión das augas residuais dos concellos de Cee e Corcubión, e coas que pretendemos que o goberno de Galiza, convirta a ría nun dos motores económicos da Costa da Morte.

Visita de Daniel Rodas á Costa da Morte