XAN CARLOS SAR, NA LISTA DE NÓS CANDIDATURA GALEGA

XAN CARLOS SAR, NA LISTA DE NÓS CANDIDATURA GALEGA

• Concurrirá na lista ao congreso,como segundo suplente.

Tenente de alcalde de Fisterra dende as pasadas eleccións de Maio, “Cuca” ten unha longa traxectoria como militante na fronte nacionalista, sendo un claro exemplo de traballo incansable, de loita e decompromiso.

Co apoio dos compañeiros e compañeiras que refrendaron a súa candidatura en asemblea, encara esta etapa coa ilusión, capacidade e gañas que o caracterizan, e querendo representar, como se merece a Costa da Morte, nas listas da única candidatura cen por cen nacionalista e galega, con centro de decisión en Galiza e sen obedencias a partidos estatais.

Cée, a 18 de novembro de 2015

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

XAN CARLOS SAR, NA LISTA DE NÓS CANDIDATURA GALEGA