O BNG MOSTRA O SEU APOIO AO ALCALDE DE VIMIANZO

O BNG MOSTRA O SEU APOIO AO ALCALDE DE VIMIANZO

O consello comarcal do BNG da Costa da Morte, quere expresar o seu apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, nestes días en que está a declarar no xulgado polas denuncias derivadas das persecucións políticas a que se ve sometido desde o comezo da lexislatura.

As imputacións polas que ten que acudir perante a xustiza, nada teñen que ver coa corrupción, senón que están derivadas de denuncias instrumentadas no marco dunha estratexia de “acoso e derribo” ao goberno municipal de Vimianzo.

O PP usa todas e cada unhas das armas que ten ao seu dispor para acabar cos gobernos nacionalistas, e na Costa da Morte, Vimianzo está a ser o seu cabalo de batalla.

Primeiro tentárono coaligándose toda a oposición nunha manobra, sen sentido nin coherencia, que non foron quen de levar a cabo, e agora inténtano á desesperada, mediante denuncias derivadas dese proceso fallido.

MentrEs, e para o ben do pobo, o labor municipal do BNG en Vimianzo demostra que estamos ante un goberno ao servizo dos veciños e das veciñas de Vimianzo, que responde unicamente aos seus intereses, que traballa para mellorar as condicións de vida do conxunto da poboación e que se sabe apoiado socialmente para continuar as moitastido n tarefas que aínda fican por facer.

Cee, a 16 de Setembro de 2014

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

O BNG MOSTRA O SEU APOIO AO ALCALDE DE VIMIANZO