Acción feminista do BNG contra os micromachismos

Acción feminista do BNG contra os micromachismos

As mulleres nacionalistas consideramos que a violencia machista son todos os comportamentos e accións que coaccionan, limitan, restrinxen as liberdades das mulleres e tamén a súa propia dignidade. A loita contra esta violencia non pode quedar reducida a un día (25N), nin a un mes (novembro), nin tan siquera a un só ano, porque é unha loita que se ten que levar a diario para facela evidente e para mostrar que, practicamente, todas as mulleres estamos sometidas dunha maneira ou doutra a ela. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días.

Desde a nosa organización decidimos centrarnos nos micromachismos, a violencia invisíbel que nos rodea e que son parte desta lacra que temos que frear, con accións coma estas, e por suposto, nas institucións, xa que a violencia machista non é unha cuestión privada, é unha cuestión pública e política. Está nas nosas mans. Abre os cadeados: NON AO TERRORISMO MACHISTA!

O pasado 21 de novembro, as compañeiras da asemblea de Mulleres de Galiza Nova e a Comisión de Acción Feminista do BNG da Costa da Morte realizamos un obradoiro sobre micromachismos, o cal consistiu en facer un exercicio práctico e individual antes, durante e logo de visualizar a seguinte curtametraxe: "O soño imposible": https://www.youtube.com/watch?v=PTZPsFORYnY respondendo a tres preguntas en cadanseu papeliño: Que sabemos sobre micromachismos? Existen micromachismos nas nosas vidas? Que solución tes para erradicalos?

De seguido, analisamos e debatimos sobre a curta que editou a Organización das Nacións Unidas no ano 1983 respondendo a seguinte pregunta:

Credes que en 31 anos cambiou algo?

A mensaxe da curta é moi clara e directa: A desigualdade de sexos e o modelo de familia patriarcal na sociedade actual no occidente. Desde os primeiros minutos podemos ver como a muller ten a total responsabilidade sobre as tarefas da casa, como cociñar, limpar, comprar, levar aos fillos á escola infantil e primaria, vestíndoos, facendo a súa comida, etc, tamén debemos ter en conta o rol que adquiren os fillos, xa que o neno maior segue o modelo masculino que o seu pai inculcou sen realizar tarefas e vivindo totalmente servido pola súa nai e irmá, que como muller, adquire o papel de responsable tambén.

Con este concepto, do seguimento por parte dos fillos á actitude dos pais, podemos afirmar que é a educación a que provoca que despois de tantos anos de evolución e luita feminista, aínda hoxe en día e ademais nas sociedades chamadas desenvolvidas, sexa o modelo de familia patriarcal o que aínda é maioritario.

Tendo en conta este último apuntamento, debemos recalcar unha imaxe do vídeo: ao chegar a noite, a parella séntase a ver a televisión, onde aparece unha imaxe dunha muller africana traballando de forma tradicional no campo, xunto a súa filla e co seu outro pequeno no colo, mostrando así unha imaxe do terceiro mundo, mentres que un home avanza no tractor de forma moderna. Ante esta imaxe, a muller protagonista do vídeo sorpréndese, o que mutuamente nos sorprende a nós ao velo, xa que ela, sen darse conta está sendo víctima da mesma desigualdade.

Outro dos ámbitos no que vemos a muller en situación de desigualdade, é no ámbito laboral. Xa non só polo tipo de traballo, (a muller aparece nunha fábrica de sistema de cadena nunha nave pechada sen relación cas súas compañeiras de traballo, mentres que o home no seu traballo a pé de rúa, asubía ás mulleres atractivas que pasan ao seu carón e socialízase cos demais traballadores); tamén no salario, que como xa sabemos, aínda hoxe, en muitos países que nos consideramos do 1º mundo e desenvolvidos segue sendo máis baixo para as mujeres que para os homes.

Outro dos aspectos que debemos destacar é o título que leva a curta: "O soño imposible”, con este título xógase na transición do vídeo, xa que na súa primeira aparición, é unha afirmación mentras que ao final da historia aparece formulándose, dando posibilidade así ao cambio. Este título debe relacionarse directamente ca muller, posto que o cambio co que ela soña é a igualdade. Rematamos esta pequena análise dicindo que a curta reclama un cambio para a situación actual da muller e a nena, mediante a demostración da problemática e que está nas nosas mans dito cambio.

Logo do proveitoso debate, desde as 21h ata a 01:30h no Bar Pedrapás de Lira, obtivemos como resultado, unha solución colectiva que entre todas elaboramos para erradicar os micromachismos, unha violencia casi invisible que sufrimos todas en silencio, algunha vez nas nosas vidas e demais comportamentos machistas, que nos impiden ás mulleres vivir en igualdade. As inmediatas solucións que propuxemos maioritariamente centráronse na educación en igualdade desde as escolas infantís ata a universidade, políticas que nos axuden a emanciparnos e concienciación social nos fogares e na veciñanza.

As asistentes ademais de intercambiar as nosas opinións, coincidimos en non deixar estes debates ceñidos a un só día, polo que proximamente desde Galiza Nova e o BNG da Costa da Morte satisfaremos a necesidade de máis experiencias coma este obradoiro na Costa da Morte.

https://www.youtube.com/watch?v=eEoBweWM0R4

Zona de los archivos adjuntos

Vista previa del vídeo Coeducación de YouTube

Vista previa del vídeo Obradoiro sobre micromachismos na Costa da Morte de YouTube

Acción feminista do BNG contra os micromachismos