Ana Miranda presenta iniciativas no Parlamento Europeo para garantir a protección do corredor de Fisterra

IMG_20180324_133135

A eurodeputada do BNG visitou a Costa da Morte para coñecer de primeira man os problemas relacionados coa contaminación mariña e o salvamento marítimo.

Ana Miranda presenta iniciativas no Parlamento Europeo para garantir a protección do corredor de Fisterra

A eurodeputada do BNG visitou a Costa da Morte para coñecer de primeira man os problemas relacionados coa contaminación mariña e o salvamento marítimo

A eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, presentou hoxe en Bruxelas diversas iniciativas encamiñadas a fomentar a protección do Corredor Marítimo de Fisterra e que este sexa considerado “zona especial”. Para Miranda é imprescindible lavar a cabo actuacións que permitan aumentar a seguridade na zona e reducir os vertidos incontrolados dos cruceiros internacionais que pasan pola costa galega.

Na xornada, Ana Miranda mantivo un encontro coa asociación e coloxista "Mar de Fábula", que loita contra a contaminación, e reclama que a Comisión Europea presione para modificar o convenio MARPOL da Organización Marítima Internacional (OMI) en relación cos vertidos incontrolados de augas fecais dos cruceiros internacionais que pasan pola Costa galega.

Por outra banda, xunto aos concelleiros do BNG en Cee e Fisterra, Serxio Domínguez Louro e Xan Carlos Sar, a eurodeputada nacionalista visitou a praia de Cee, a EDAR e as instalacións do heliporto de Salvamento Marítimo. "O Corredor Marítimo de Fisterra, cun tránsito de 40.000 navíos está desamparado, tanto por contar cun heliporto sen helicóptero despois dunha inversión millonaria que contou con fondos europeos, como polos sentinazos incontrolados que non se vixían nesa zona de gran perigosidade", afirma ao respecto.

O BNG considera que o Corredor de Fisterra ten que ter a consideración de "zona especial" a respecto do tráfico marítimo internacional porque "non queremos outro Prestige". Neste sentido, para a formación nacionalista é imprescindible a posta en marcha de medidas preventivas de control e medios técnicos de salvamento, “non heliportos baleiros”.

Actualización dos datos de control

De feito, Salvamento Marítimo conta co efectivo correspondente no aeroporto de Santiago, pero deste xeito o tempo de chegada en caso de accidente é indubidablemente máis alto que si estivese na comarca Fisterra.

Co obxectivo de modificar esta situación, Ana Miranda dirixirase mediante unha carta á Axencia Europea de Seguridade Marítima (ESMA) con sede en Lisboa para pedir que se actualicen os datos de control satelital "Cleanseanet" no Corredor de Fisterra.

"O Goberno do PP non está solicitando os medios de control da seguridade marítima que lle corresponden e oculta datos sobre os sentinazos, vertidos no Corredor marítimo da costa galega, e a contaminación que polas mareas chega ao interior das nosa Rías”, denuncia a eurodeputada do BNG.

Ana Miranda presenta iniciativas no Parlamento Europeo para garantir a protección do corredor de Fisterra