O BNG CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN NO RECHEO DE CEE EN PROTESTA AS POLÍTICAS DO PP

O BNG CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN NO RECHEO DE CEE EN PROTESTA AS POLÍTICAS DO PP

O Bng Costa da Morte concentrarase no recheo, preto da Casa da Cultura de Cee, para protestar e deixar patente diante do presidente da Xunta, que ven de inauguración, o seu mais profundo desacordo nas políticas que están levando a bisbarra a paulatina desaparición.

É, cando menos, lamentábel, que a pouco mais de dous meses, o Pp use as institucións públicas para facerse campaña a costa dos impostos de todos e todas, pero faga caso omiso, unha e outra vez, as iniciativas que dende o Bng presentamos para dar solución aos problemas xa endémicos da bisbarra.

A Costa da morte perde poboación ano tras ano a causa da falla de oprortunidades laborais para os nosos xoves, que teñen que emigrar. Seguimos aillados sen comunicacións mínimamente decentes, cunha autovía recortada, sen proxecto para as comunicacións ferroviarias e sen tan sequera un servizo de transporte público acorde coas necesidades da poboación. Xogan, ou fannos xogar, tódalas cartas ao turismo, cando debería ser só unha peza mais que tirara do carro, mais esquecen o porto de Brens no que traballan só catro estibadores tendo que vir persoal de Marín cando hai apuro, pechan os ollos a contaminación da ría de Corcubión, os polígonos de Cee e Vimianzo seguen desertos, a pesca atópase nunha situacón delicadísima polos múltiples problemas que a afogan, os nosos gandeiros teñen que vender o leite por debaixo do prezo de custe, etc, etc, etc...

Ante esta tesitura, o Bng chama a concentrarse no recheo, preto da CCC a partires das cinco e media da tarde para demostrar a Feijoo e aos políticos do Pp que non van enganarnos, que o futuro da Costa da Morte está nas súas mans, e debería estar traballando por él, non facendose campaña a costa do erario público.

Convidamos xa a distintos entes do ámbito social qu xa confirmaron a súa asistencia, como sindicato Cig ou o comité de empresa de Ferroatlántica ou o Foro da Costa da Morte.

Costa da morte, a 12 de Marzo de 2015

Serxio Domínguez Louro

O BNG CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN NO RECHEO DE CEE EN PROTESTA AS POLÍTICAS DO PP