O BNG COSTA DA MORTE CO POBO PALESTINO

Perante a nova agresión ao pobo palestino por parte Israel que supón a vaga de bombardeos en curso contra Gaza, o Bloque Nacionalista Galego da Costa da Morte expresa a total solidariedade co pobo de Palestina que está a sufrir unha auténtica tortura por parte dun estado que se dedica a matar civís inocentes e a destruír as vivendas da poboación até deixalos sen nada.
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a conivencia con Israel da Comunidade Internacional e da UE, que non poden seguir impasíbeis ante unha agresión militar que ten o perfil dun auténtico xenocidio. E particularmente dos Estados Unidos por amparar, durante máis de 65 un estado que incumpre sistematicamente todas as resolucións da ONU e é o principal inimigo da paz na rexión.
O BNG apela, ao tempo, a toda a sociedade galega e ás organizacións políticas, sindicais e sociais do noso País a manifestaren a condena á actuación xenocida de Israel, o apoio ao pobo palestino e á causa paz e tamén á procura dunha solución xusta e duradeira para o conflito e para o futuro do Estado palestino.
Costa da Morte, a 10 de Xullo de 2014
Serxio Domínguez Louro