O BNG COSTA DA MORTE DEMANDA AXUDAS A XENTE DO MAR E A RECUPERACIÓN DO SEGURO POR MAL TEMPO

O BNG COSTA DA MORTE DEMANDA AXUDAS A XENTE DO MAR E A RECUPERACIÓN DO SEGURO POR MAL TEMPO

Moitas famIlias atópanse nunha situación límite, tendo dificuldades para atender gastos esenciais.

Neste inverno, as condicións climatolóxicas están sendo especialmente duras para o sector marítimo-pesqueiro o que imposibilita que a flota poida saír a faenar con normalidade, e provoca que nunha das épocas do ano onde os prezos teñen maior cotización, non se poida aproveitar esta situación para resarcir economicamente un ano moi complicado polas escasas capturas e polos baixos prezos.

Durante a etapa do bipartito púxose en marcha un seguro por mal tempo que intentaba compensar a falla de actividade e a perda de ingresos por temporais, así como garantir a seguridade da flota impedindo que as embarcacións se fixeran ao mar en caso condicións severas de mar.

Este seguro garantía aos mariñeiros uns ingresos mínimos diarios en situación de temporal e mal tempo e procuraba fomentar un modelo de actividade que melloraba as condicións de seguridade e rebaixaba determinadas situaciónsde risco, de xeito que os mariñeiros non tiñan necesidade de saír ao mar en caso de condicións metereolóxicas adversas.

A finalidade que perseguía este seguro estaba clara: que mariñeiros e mariscadoras puideran recibir indemnizacións en caso de imposibilidade da actividade e perda de ingresos por mal tempo e supoñía incrementala seguridade da actividade posto que así os barcos non teñen que saír a faenar obrigatoriamente por falla de ingresos.

O goberno do Partido Popular decidíu no seu día prescindir dese seguro, e agora as consecuencias son que millerios de familias vense incapazes de sair adiante e de facer fronte aos gastos imprescindíbeis.

Deste xeito, dende o Bng, demandamos a Xunta de Galiza e o Goberno español, cada quen no ámbito das súas competencias, a que articuln un programa de axudas económicas urxentes dirixidas a mariscadores/as e tripulantes e armadores dos buques galegos afectados polos temporais e as alertas que están a impedir o traballo do mar.

Ante isto, formulamos as seguintes preguntas no Parlamento de Galiza, para a súa resposta escrita:

1.- Que avaliación realiza o Goberno galego da perda de días de actividade da flota galega por mal tempo neste outono-inverno?

2.- Que avaliación realiza da falla de vendas e que repercusión vai ter na rendibilidade da actividade pesqueira?

3.- Considera o Goberno Galego que un seguro por mal tempo axudaría a paliar os efectos da paralización por fenómenos metereolóxicos? Por que non se ten contratado e posto a disposición do sector un seguro destas características?

4.- Que medidas se van adoptar para paliar os efectos da paralización tan prolongada por efecto de temporal que asolou ao litoral galego durante os meses de novembro, decembro e xaneiro?

Cee, a 5 de Febreiro de 2014

Serxio Domínguez Louro

O BNG COSTA DA MORTE DEMANDA AXUDAS A XENTE DO MAR E A RECUPERACIÓN DO SEGURO POR MAL TEMPO