O BNG COSTA DA MORTE LANZA UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A EMIGRANTES CON PENSIÓNS DO EXTRANXEIRO

O BNG COSTA DA MORTE LANZA UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A EMIGRANTES CON PENSIÓNS DO EXTRANXEIRO

Nos últimos meses, moitas das persoas emigrantes xa retornadas a Galiza e que perciben pensións do extranxeiro, veñen sendo requeridas pola Axencia Tributaria para que declaren as cantidades que percibiron dende o ano 2008.

Estas persoas, nunca recibiron nengún tipo de información relacionada coa súa obriga a declararen as contías que recibían por pensións do extranxeiro, e así, existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a nula intencionalidade de defraudar por parte destas persoas, e que ademais se apoia en que os estados pagadores nunca lle expediran ningún certificado relacionado coas cantidades percibidas.

Con estes antecedentes, resulta sorprendente que cinco anos mais tarde, reciban estes requerimentos por parte da Axencia tributaria, coa advertencia ademais dunha posíbel sanción por non teren cumprido con algo que descoñecían.

É indecente que, nos tempos en que os evasores fiscais se benefician de amnistías feitas a medida, os traballadores e traballadoras deste pais sexan tratados como defraudadores e ameazados de multas por descoñecemento de normas, das que só ao estado lle compete informar.

Por todo, o Bng Costa da Morte organiza unha serie de reunións cos afectados en todos os concellos da Costa da Morte no transcurso da vindeira semana.

COMEZAREMOS ESTA SEMANA COA REUNIÓN EN CEE O SÁBADO 31 AS 19.30 HORAS NA CASA DO CONCELLO.

FALARÁN:

Xabier Paz...Portavoz do Bng de Corcubión

Serxio Domínguez Louro...Portavoz do Bng Costa da Morte

TEREIXA PAZ...Deputada do Bng no Parlamento de Galiza

Contaremos coa presenza dun asesor xurídico na materia.

Cee a 27 de Agosto de 2013

O BNG COSTA DA MORTE LANZA UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN A EMIGRANTES CON PENSIÓNS DO EXTRANXEIRO