O BNG COSTA DA MORTE SEGUIRÁ COA CAMPAÑA CONTRA A SUPRESIÓN DO PARTIDO XUDICIAL DE CORCUBIÓN

O BNG COSTA DA MORTE SEGUIRÁ COA CAMPAÑA CONTRA A SUPRESIÓN DO PARTIDO XUDICIAL DE CORCUBIÓN

A semana pasada visitaba Galiza o minsitro Gallardón, para anunciar que se manterán tódolos partidos xudiciais do país, entre eles o de Corcubión.

No anuncio, non só anuncia o mantemento, tamén se fala de “se corregirán ciertas disfunciones”, o que para nos é unha ambiguidade demasiado grande e non deixa nen moito menos claro, como e en qué condicións se manterán os partidos xudiciais.

Dende o Bng non nos fiamos do ministro Gallardón, xa que entre outras moitas cousas mostrou un desprezo profundo á xudicatura, aos avogados, aos procuradores, a todo o persoal do corpo de xustiza, e a sociedade en xeral, Gallardón é a ambigüidade e a confusión contínua,

A proximidade das eleccións locais, de seguro son o detonante deste anuncio exprés acompañado do presidente da Xunta, polo que a rectificación, moito nos tememos, non será completa. .

De calquer xeito, dende o Bng manteremos a folla de ruta iniciada hai uns meses para a defensa do noso partido xudicial, e non pararemos ate ver palsmado nos boletíns do estado a rectificación da que fai gala o Partido Popular.

Os ditos falan de que “rectificar é de sabios”, mais facelo como norma é sinxelamente de torpes, e o Pp demóstrao coas cotinuas voltas atrás na súa política e nas súas decisións antisociais.

Cee a 06 de Xullo de 2014

Serxio Domínguez Louro

Responsábel Comarcal do Bng Costa da Morte

O BNG COSTA DA MORTE SEGUIRÁ COA CAMPAÑA CONTRA A SUPRESIÓN DO PARTIDO XUDICIAL DE CORCUBIÓN