O BNG da Costa da Morte expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo

O BNG da Costa da Morte expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo

O BNG Costa da Morte expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo e denuncia a inviabilidade da moción de censura pola vixencia da lexislación antitransfuguismo.

Dous dos concelleiros asinantes foron expulsados do seu partido pólo que a lei e ben clara e fai imposíbel levar a moción de censura adiante, agás que se faga de maneira ilícita.

Dende o consello comarcal do Bloque Nacionalista Galego queremos transmitir o noso máis forte apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, nuns momentos en que volve a reabrirse o debate sobre unha posíbel moción de censura para a que non existe ningún motivo real. Por outra parte, queremos denunciar que esta moción é inviábel por estar apoiada en tránsfugas que só teñen como obxectivo instalarse na poltrona e practicar o clientelismo.

A laboura municipal do BNG en Vimianzo demostra que estamos ante un goberno ao servizo dos veciños e das veciñas de Vimianzo, que responde únicamente aos seus intereses, que traballa para mellorar as condicións de vida do conxunto da poboación e que se sabe apoiado socialmente para continuar as moitas tarefas que aínda fican por facer, fronte aos intereses particulares e de revancha dos asinantes da devandita moción.

Cee a 6 de Agosto de 2013

Bng Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo