O BNG DA COSTA DA MORTE PIDE EXPLICACIÓNS AO PP POLAS DECLARACIÓNS DE JOSÉ MUIÑO

O BNG DA COSTA DA MORTE PIDE EXPLICACIÓNS AO PP POLAS DECLARACIÓNS DE JOSÉ MUIÑO

Logo das declaracións da semana pasada do alcalde de Cabana, José Muiño, na que expresaba o seu apoio aos plans de Ferroglobe, desde o Bng Costa da Morte pedimos que as mesmas sexan desautorizadas por quén corresponda facelo.

Pasados uns días xa desde as mesmas, e en vista de que ningún dos seus “superiores” no Partido Popular saíu a contradicilo, solicitamos que de inmediato a resposable comarcal do partido, Zaira Rodríguez, dea explicacións sobre as verbas do seu compañeiro.

Son moitos meses xa nas que os concelleiros e concelleiras do Partido Popular non se pronuncian coa contundencia debida, e ela mesma como responsable do partido e concelleira en Cee, só se limita a levantar a man en determinadas ocasións ou a colocarse detrás da pancarta para a foto. Compre unidade política e contundecia de todos os protagonistas, e o Partido Popular da comarca segue a xogar a dúas bandas.  

Nun momento vital para o conflicto, onde en poucas semanas a Xunta debe tomar a decisión, o que menos precisa é que un alcalde dun concello cercano saia en apoio dos plans da empresa, uns plans que sen dúbida son o desmantelamento a curto prazo das fábricas de Cee e Dumbría, e non as mentiras que nos están a contar de supostos “manás”.

O alcalde de Cabana ten xa manifestado a súa total disposición a que este territorio acolla proxectos de dubidosa conveniencia, como era a mina de Corcoesto, que o mesmo partido non que él milita acabou por rexeitar.

 

En Cee, a 12 de xuño de 2017

Serxio Domínguez Louro

Responsable comarcal do Bng

O BNG DA COSTA DA MORTE PIDE EXPLICACIÓNS AO PP POLAS DECLARACIÓNS DE JOSÉ MUIÑO