BNG CORCUBIÓN

O BNG de Corcubión acusa á plataforma XPCD de mentir e faltar ao respecto ao Concello

O alcalde de Corcubión, xunto  cos concelleiros Pilar Tubío e Carlos Cristino, na campaña de recollida de firmas
O alcalde de Corcubión, xunto cos concelleiros Pilar Tubío e Carlos Cristino, na campaña de recollida de firmas
O responsable local dos nacionalistas, Juan Carlos Cristino, chamou a semana pasada a un membro da directiva para pedirlle as sinaturas e informarlle que o alcalde ía entregalas no parlamento galego, polo que é falso que non se lles avisara
O BNG de Corcubión acusa á plataforma XPCD de mentir e faltar ao respecto ao Concello

Corcubión, 7 de agosto de 2025. O Bloque de Corcubión sae ao paso das últimas declaracións públicas da plataforma “Xuntos polo centro de día” (XPCD), que non valeron máis que para demostrar o carácter político da mesma, e verificar o seu único fin, que é criticar e derrubar ao goberno local de Corcubión.

Chamarlle “cortello” ao Concello de Corcubión pon de manifesto pouca educación e unha falta de respecto de quen di que representa a moitos veciños, e cualificar a actuación do goberno local de “estratexia de supervivencia política” é unha proba clara do carácter político da plataforma, cando din que son apolíticos.

O responsable local, Juan Carlos Cristino, declarou que “a plataforma xa quitou a careta, son enviados políticos da oposición, e non hai máis que velos nas redes sociais; o que non acepto son mentiras, cando fun eu mesmo quen os avisou con antelación”. 

O tamén edil de Cultura engadiu que “son claramente un suxeito político, e acábano de demostrar con estas declaracións; poden disolver xa a plataforma e sumarse aos partidos da oposición; levaron 20 anos calados mentres gobernou o PSOE en Corcubión, e non fixeron unha soa crítica ao PP que goberna a Xunta e é quen tiña que ter aberto o centro de día; esta claro de que pé coxean”. 

Por último, Cristino manifestou que “desde o BNG seguimos traballando para que o centro de día sexa unha realidade, estamos seguro diso, e pedímoslle á plataforma que deixe de ser un obstáculo, e non interrompa o labor do goberno, que xa representa a todos os veciños e veciñas, sexan do BNG ou non”.

O BNG de Corcubión acusa á plataforma XPCD de mentir e faltar ao respecto ao Concello