Comunicado de prensa ante o acontecido na Comisión Informativa Xeral do Concello de Muxía de 13/07/2026
Costa da Morte, 14 de xullo de 2026. O BNG da Costa da Morte amosa o seu total rexeitamento ante o inaceptábel comportamento do portavoz municipal do PSOE de Muxía, Iago Toba Campaña, durante a celebración este luns 13 de xullo dunha Comisión Informativa Xeral do Concello de Muxía.
Na citada comisión, o representante do PSOE fixo declaracións recollidas en acta nas que realizou alusións persoais totalmente irrespectuosas e fóra de lugar dirixidas á portavoz municipal do BNG, Mercé Barrientos Varela. Tales como “de puterío sabe bastante”.
Ante esta actuación do portavoz do PSOE en Muxía, desde o BNG reprobamos rotundamente as súas actitudes machistas, que son repetitivas e reiteradas. E estamos estudando as posíbeis medidas legais que se poidan adoptar contra Iago Toba Campaña, diante dunha situación que vai a peor co paso do tempo, pois lembramos que xa durante o ano pasado déronse episodios similares nos que este concelleiro pronunciou expresións indignas e impresentables dirixidas a Mercé Barrientos.
O BNG apela á responsabilidade do PSdeG-PSOE en manter no cargo a unha persoa con comportamentos insceptábeis como os do seu actual portavoz municipal en Muxía, que vén amosando actitudes e manifestacións que resultan absolutamente impropias dun representante político, reclamándolle que actúe.
Pola súa banda, o responsábel local do BNG de Muxía, Carlos Fernández Concheiro, expresou “o total apoio da nosa organización á portavoz municipal, Mercé Barrientos, ante os insultos machistas e impresentables por parte de Iago Toba, que son reiterados no tempo, que non se poden permitir a un representante público e que deberían avergoñar a unha formación política que se denomina progresista”.