BNG COSTA DA MORTE
Concentración de apoio a Palestina en Corcubión
Este luns 4 de novembro, a Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio ao pobo palestino para amosar a solidariedade cun pobo que está sendo masacrado polo exército de Israel.
Convocados pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina (CGSP), e co apoio do BNG Costa da Morte, os manifestantes denunciaron "os bombardeos e o terror sionista, que non terían lugar sen o apoio directo dos Estados Unidos e sen a cobertura diplomática da Unión Europea".
Denunciouse tamén o papel da Xunta de Galiza e do seu presidente Alfonso Rueda, que aínda non atendeu a solicitude de reunión feita pola CGSP. Os asistentes criticaron nun manifesto "a posición de indiferencia absoluta fronte á barbarie do goberno galego, que é indignante; non podemos tolerar que a Xunta continúe de perfil e en silencio".