BNG COSTA DA MORTE

O BNG cuestiona a discriminación do PP e pídelle “que deixen as promesas e pasen a feitos” na Costa da Morte

Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG
Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG
Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal da formación nacionalista, advirte que “a veciñanza está farta de tanta mentira dos populares, e de que só veñen a facer postureo e sacar fotos”
O BNG cuestiona a discriminación do PP e pídelle “que deixen as promesas e pasen a feitos” na Costa da Morte
Costa da Morte, 4 de outubro de 2025. O BNG da Costa da Morte vén de cargar con dureza contra as políticas do Partido Popular respecto da comarca, e pídelle “menos promesas e máis feitos” a favor da veciñanza, “que está farta vendo como o PP só sabe falar de que van a facer cousas e logo amósase que sempre todo é mentira, como está pasando desde hai tempo en ámbitos como as infraestruturas, educación, sanidade, transporte público ou coidados dos maiores, piares fundamentais para o desenvolvemento da nosa comarca”. 

Logo da recente visita a Fisterra da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, para arroupar ao único alcalde que os populares teñen nas comarcas de Soneira e Fisterra, a organización nacionalista afirmou que Prado “só se lembrou de acudir á vila do Cristo por intereses partidistas, a facer postureo e sacarse fotos”. 

O BNG sinalou que a tamén deputada no Parlamento galego “presumiu de que o PP é garantía de estabilidade, cando precisamente en Fisterra en menos dun mes de goberno municipal, a situación política é precisamente a contraria, logo de pactar cun tránsfuga que agora xa ten anunciado que non apoiará ao executivo liderado por Luís Insua”.

O responsábel comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez, declarou “o PP o que fixo foi traer máis inestabilidade a Fisterra, e a nivel comarcal xa vemos desde hai anos o menosprezo e a discriminación que sufrimos, con falsas promesas e incumprimentos reiterados”.

O representante nacionalista lembrou que “a Costa da Morte aínda está agardando polo remate da autovía, logo de múltiples anuncios que se quedaron en nada, e en educación estamos vendo a verdadeira faciana do Partido Popular cos recortes de profesorado en centros escolares para o alumnado con necesidades especiais”.

Ademais, Rodríguez incidiu na “nefasta situación” na que se atopa o transporte público na comarca, con problemas de rutas e horarios, e lembrou que “desde Muros ata Cabana de Bergantiños non existe nin unha soa praza pública de atención a persoas dependentes en centros de día, por non falar da falta da falta de previsión da Xunta para cubrir a falta de pediatras en varias localidades”. 

O BNG cuestiona a discriminación do PP e pídelle “que deixen as promesas e pasen a feitos” na Costa da Morte