O BNG urxe á Xunta a iniciar os trámites para que a prolongación da AG-55 ata Berdoias se execute ao mesmo tempo que o primeiro tramo entre Santa Eirena e a AC-432
A directora da Axencia Galega de Infraestruturas sinala, a preguntas do deputado Oscar Insua, que a Xunta está a traballar na licitación do proxecto construtivo da segunda fase de ampliación da autovía
Insua lamenta que o proxecto non estea redactado despois de que o goberno galego xa o licitara tres veces hai anos. “Tendo en conta que xa existen obras de desmonte no trazado, todo o mundo pensaba que o proxecto estaba feito e só quedaba actualizalo”, subliña o deputado do BNG, que insta a “axilizar a súa tramitación canto antes”
O BNG urxe á Xunta a impulsar a construción de vivenda de promoción pública na Costa da Morte
O deputado Oscar Insua presenta iniciativas parlamentarias nas que solicita que o Goberno galego realice un estudo sobre a vivenda na comarca, e que leve a cabo unha campaña de información pública naqueles municipios que promovan a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda en Galiza
Insua manifesta que “o PP incumpre totalmente a lei que aprobou no 2021 de impulso demográfico de Galiza. O art. 29.2 di que tiñan que impulsar programas específicos que faciliten o acceso a unha vivenda de calidade no medio rural e costeiro non urbano e que configuren un factor de competitividade que manteña e atraia poboación, e todo quedou en papel mollado; cero programas feitos polo PP na Costa da Morte”
O BNG pide á Xunta medidas eficaces e contundentes na Costa da Morte e Bergantiños para frear as desfeitas do xabaril nas agras de millo
Ante os numerosos episodios que se veñen rexistrando nas dúas comarcas, o deputado Oscar Insua rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego co fin de espertar á Consellería: “A Xunta non fai nada, dá a impresión de que non teñen ningunha responsabilidade, e téñena toda; cren que con axudiñas o problema está resolto”
Gandeiros de concellos como Cabana de Bergantiños ou Dumbría están fartos das desfeitas destes animais e de traballar para os xabaríns. “A situación está descontrolada, e os danos van a máis; o PP non pode mirar para outro lado, ten que actuar xa”, sinala Insua
O BNG denuncia que o PP “nin quere falar das peaxes da autovía AG-55 nin quere eliminalas”
O deputado Oscar Insua sinala que “xa van trinta anos de aldraxe á veciñanza de Bergantiños e a Costa da Morte, que teñen que seguir pagando unhas peaxes para que a empresa adxudicataria continúe engordando o seu negocio”
O parlamentario do BNG recrimina á Xunta que cale ante as reivindicacións da cidadanía e insista en negar a gratuidade da autovía