BNG COSTA DA MORTE

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado na Costa da Morte

Reunión do BNG coa ANPA de Dumbría 23-09-24
Reunión do BNG coa ANPA de Dumbría 23-09-24

O deputado Oscar Insua afirma que “o PP non ten  vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con normalidade, e vemos que é mentira, porque eliminan ou recortan horas do profesorado de PT e AL nalgúns centros"

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado na Costa da Morte

Costa da Morte, 26 de setembro de 2024. O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta de Galiza a reverter os recortes de profesorado en colexios da comarca, incorporando a mestres de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL) onde os eliminaron totalmente e repoñendo e aumentando as horas dos mesmos especialistas naqueles onde os recortaron, así como habilitar profesores de apoio e persoal auxiliar coidador nos centros onde foron demandados pola dirección dos mesmos e polas ANPAS. Ademais, o representante nacionalista pide á Consellaría de Educación que realice nos centros de ensino da comarca un estudo completo das deficiencias estruturais dos edificios, e que habilite no orzamento de 2025 as partidas económicas pertinentes para executar as obras necesarias.

Reunión do BNG coa ANPA do CEIP Carnota 19-09-24
Reunión do BNG coa ANPA do CEIP Carnota 19-09-24

Insua, que recolle na súa iniciativa os diferentes problemas que teñen os colexios, manifestou que “o PP non ten  vergoña, pois unha vez máis vende que o curso comeza con normalidade, e vemos que é mentira, porque eliminan ou recortan horas do profesorado de PT e AL nalgúns centros". O deputado nacionalista insistiu en que "o BNG seguirá defendendo a educación pública na Costa da Morte contra os recortes do PP, que só se dedica a deteriorar os servizos para que a xente marche á privada e así pechar definitivamente os centros, sobre todo no rural".

Reunión do BNG coas ANPAS de Fisterra 17-09-24
Reunión do BNG coas ANPAS de Fisterra 17-09-24

Tanto Oscar Insua como membros do BNG de distintas localidades reuníronse coas ANPAS dos CEIP O Pindo,  Plurilingüe Carnota,  Mar de Fóra (Fisterra), Areouta (Sardiñeiro), Praia de Quenxe (Corcubión),  Santa Eulalia (Dumbría), Os Muíños,  Virxe da Barca (Muxía) e Camelle. Neste último levan tres cursos sen docente de música e o deputado nacionalista instou á Xunta a corrixir esta situación.

Reunión do BNG coa ANPA de Corcubión 23-09-24
Reunión do BNG coa ANPA de Corcubión 23-09-24

O obxectivo das xuntanzas foi escoitar e recoller as queixas polas carencias que ten cada centro, co fin de reclamar que o alumnado da Costa da Morte poida ter unha educación que cumpra coa normativa galega, aprobada polo propio PP, que esixe que todos as escolas conten con profesionais para atender as necesidades educativas. 

 

 

O BNG leva ao parlamento galego os recortes de profesorado na Costa da Morte