BNG COSTA DA MORTE

O BNG reúnese con mergulladores de Fisterra para dar conta do traballo realizado no Parlamento galego en defensa do sector

Reunión do BNG con mergulladores de Fisterra
Reunión do BNG con mergulladores de Fisterra
O deputado Oscar Insua recolle as necesidades dos mariscadores para estudar posíbeis iniciativas, e lamenta que a Consellería do Mar negue a posibilidade de extraer ameixa con subministración de aire desde superficie na praia da Langosteira
O BNG reúnese con mergulladores de Fisterra para dar conta do traballo realizado no Parlamento galego en defensa do sector

Costa da Morte, 14 de novembro de 2025. O deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, reuniuse este venres 14 de novembro con mariscadores mergulladores de Fisterra para trasladarlle todo o traballo que leva realizado no Parlamento galego en defensa do sector e das súas necesidades. 

O deputado nacionalista, que estivo acompañado polo responsábel local do BNG Fisterra, Cholo Mouzo, explicou aos traballadores do mar as xestións que leva feito na Consellería do Mar para intentar buscar solucións aos problemas do sector.

Insua lamentou que desde a Xunta neguen a posibilidade de que os mergulladores poidan usar a técnica subministración de aire desde superficie para a extracción de ameixa na praia da Langosteira, e lembrou que xa hai meses que levou ao Parlamento esta demanda da agrupación de mariscadores de Fisterra.

O parlamentario do BNG manifestou que “seguiremos insistindo no tema, porque creo que se as novas tecnicas existentes axudan a mellorar as condicións de traballo do sector, hai que adoptalas, coma pasa en calquera outra profesión".

O BNG reúnese con mergulladores de Fisterra para dar conta do traballo realizado no Parlamento galego en defensa do sector