O BNG DA COSTA DA MORTE PON EN MARCHA A CAMPAÑA “ QUE NON CHE COMAN O COCO.

O BNG DA COSTA DA MORTE PON EN MARCHA A CAMPAÑA “ QUE NON CHE COMAN O COCO.

O BNG DA COSTA DA MORTE PON EN MARCHA A CAMPAÑA

“ QUE NON CHE COMAN OU COCO. TEMOS UN PAÍS DE PRIMEIRA”.

Apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do Estado. A campaña do BNG desmente con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal.

Galiza recibe menos do que aporta ao Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado.

En materia enerxética Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid

O espolio dos recursos tamén inclúe ao aforro galego coa peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-.

As autoestradas de Galicia figuran entre as máis caras do Estado, e a reconversión das caixas en bancos supuxo unha gran perda da capacidade de aforro no últimos cinco anos.

O BNG reclama poder xestionar a pesca ou a construción de estaleiros, así como para poder abaratar o custo do combustible, dada a presenza dunha refinería en Arteixo.

Os panfletos desta iniciativa inciden nas diferenzas que existen entre Galiza e outras comunidades, como os salarios máis baixos, ou uns investimentos moi descompensados cos impostos que pagan os galegos.

DSCN0218

Costa da Morte

27 de Febrerio de 2015

Serxio Domínguez Louro

O BNG DA COSTA DA MORTE PON EN MARCHA A CAMPAÑA “ QUE NON CHE COMAN O COCO.