O BNG DE MUXÍA ELIXE CANDIDATO PARA AS MUNICIPAIS DE MAIO

A asemblea do Bng de Muxía ven de elixir, por unanimidade, a
Carlos Fernández Concheiro como cabeza de lista e candidato a alcaldía.
Fernández Concheiro, activista cultural dende fai moito tempo, é arquitecto e mestre no instituto de Baio, vicerresponsábel comarcal, membro do consello nacional do Bng e responsábel de política municipal no Bng Costa da Morte.
Elixido o cabeza da lista, o Bng de Muxía segue a traballar na confección da lista da candidatura do Bng-Asembleas Abertas, na que unha boa parte da mesma será mulleres e homes non afiliadas/os a fronte.
En poucas semanas se saberá definitivamente a súa confección.
Costa da Morte, a 27 Xaneiro 2015
Serxio Domínguez Louro