O BNG PIDE EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO POLA VENDA DA PARCELA DO POLÍGONO DE CEE

O BNG PIDE EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO POLA VENDA DA PARCELA DO POLÍGONO DE CEE

O proceso de venda da parcela que vai ocupar Mercadona no polígono de Cee, producíuse dunha maneira un tanto peculiar, así o prazo concedido para a presentación de ofertas limitouse a tan só 5 días, entre o 20 e o 26 de Novembro de 2012, un prazo prácticamente imposible de cumprir por calquera empresa interesada debido a numerosa docuentación requerida para a operación, documentación gráfica do proxecto, documentación administrativa, etc..., agás se tivese toda xa lista.

No mesmo prego de venda, SEA asume a obriga de construir un acceso directo a s parcelas dende a C-552, a poucos centos de metros da entrada xa existente ao polígono, e cun custe de 739.700 euros según a información da prensa. Así mesmo, urbanizar esta parcela custoulle a SEA, 986.628euros, que sumados aos anteriores fai un total de 1,726,328 euros.

A sorpresa ven cando a parcela é vendida por 1,623.570 euros, polo tanto por debaixo do seu custe e nun proceso no que as empresas só tiveron cinco días para se presentar, cando as instruccións internas da propia SEA impoñen un mínimo de 10 días.

Todo isto levantou as suspicacias entre os veciños e veciñas e plasmouse con algunha denuncia xa no xulgado, na que se afirma que o vial non ten o ancho legal , 11.60metros no canto de 16, nen cumpre o coas normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade ao ter unha pendente maior da permitida.

Por todo isto, o Bng presentou no parlamento estas preguntas, entre outras, para tentar clarexar as dúbidas surxidas:

-Porqué o prazo de venda foi tan só de 5 dias?

-Porqué se vendeu por debaixo de custe as parcelas devanditas?

-Porqué o novo vial ten 11.60 metros de ancho cando debería ter 16?

-Porqué o no víal imcumpre as normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade?

Cee, a 31 de Maio de 2014.

Serxio Domínguez Louro

Responsábel comarcal do Bng

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para resposta escrita, relativa ao proceso de venda de dúas parcelas á empresa Mercadona no Parque Empresarial de Cee.

O Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galiza concibiu no seu día a instalación de numerosos parques empresariais pola xeografía galega.

Un deses parques foi construído en Cee pola empresa pública Suelo Empresarial Atlántico S.L., que está participada polo Sepes e nun 15% pola Xunta de Galiza a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

O Parque de Cee ten unha superficie total de máis de douscentos trinta mil metros cadrados.

O deseño do parque empresarial realizado por SEA materializouse mediante un Proxecto Sectorial aprobado en novembro de 2007 que, como ordenaba o propio Plan Sectorial das Áreas Empresariais de Galiza e a normativa de estradas da Xunta, prantexaba un único acceso ao parque a través dunha glorieta situada na estrada AC-552, ao norte do Parque.

Rematadas as obras de urbanización, en novembro de 2012, SEA decide iniciar o proceso de venda, vía concurso, de dúas das parcelas situadas ao sur do Parque. Estas son as parcelas máis próximas ao núcleo de Cee, pero están a certa distancia da entrada do Polígono.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es

15702 Santiago de Compostela

Galiza

En resposta escrita da Xunta de Galiza con número 21064, á pregunta con número

17139, formulada por este deputado, afírmase textualmente respecto da venda da parcela

36-37: “No devandito concurso, e en concreto no punto 1 do prego de bases, xa se indica que: “Ao obxecto de mellorar os accesos ao Parque Empresarial, SEA ten previsto abordar unha Modificación Puntual do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Cee. A dita modificación afectaría de maneira vantaxosa á parcela agora licitada, que pasaría a contar con acceso directo polo lado sur do referido Parque (onde se atopa situada)”. Por tanto, puido tomar parte no concurso calquera persoa física ou xurídica, con plena capacidade de obrar, que desenvolva unha actividade industrial, e/ou terciaria, e/ou de servizos complementarios e que non se atope afecta por ningunha das circunstancias que enumera o art. 60.1 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, prohibitivas para contratar. No dito prego xa se informou da intención de SEA de executar un novo viario de conexión que mellorase a accesibilidade do parque.”

Porén, pese o afirmado na devandita resposta, o proceso de venda foi realmente peculiar. Así, malia tratarse dunha adxudicación mediante concurso por procedemento aberto no que o ofertante ten que aportar numerosa documentación, incluída, por exemplo, unha descrición gráfica do proxecto construtivo que se pretende implantar, un cronograma de implantación de actividade, documentos administrativos, e un longo etcétera; o prazo concedido para a presentación de ofertas limitouse a cinco días, entre o martes 20 e o luns 26 de novembro de 2012. Un prazo que é practicamente imposíbel de cumprir pola maioría das empresas.

No prego de venda, SEA asume a obriga de construír á súa costa un acceso directo ás parcelas desde a estrada AC-552, duplicando o xa existente a poucos centos de metros e rompendo o criterio de que a accesibilidade aos Parques Empresariais debe resolverse por un único punto sobre a estrada. Esta obra ten un custe declarado de

739.700 euros.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Posto que urbanizar esta parcela custou á mencionada empresa pública

986.628,65 euros (importe recollido na ficha do proxecto de reparcelación) e a construción do novo acceso ten un custe de 739.700 euros (información de prensa) podemos concluír que a inversión con diñeiro público para crear e dotar de acceso a esta parcela foi de 1.726.328 euros.

A sorpresa é que a parcela vendeuse por 1.623.570 euros, por tanto por debaixo do seu custe, e nun proceso de venda no que as empresas unicamente dispuxeron dun brevísimo prazo de cinco días para presentar as súas ofertas, cando as propias instrucións internas de contratación desta empresa pública impoñen un prazo mínimo de dez días.

Esta venda de saldo provocou numerosas críticas e comentarios entre os e as ceenses, pero aínda se xeraron máis suspicacias como consecuencia das denuncias formuladas por algúns veciños, que xa se formalizaron nos tribunais, nas que se afirma que o novo vial de acceso á parcela de Mercadona ten unhas dimensións ilegais e unha pendente que incumpre sobradamente as normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade.

O primeiro aspecto que se pon de manifesto no escrito dos demandantes refírese a que o ancho mínimo dos viais de acceso aos novos parques empresariais non pode ser inferior a 16 metros. Non obstante, o novo acceso a Mercadona ten unicamente 11,60 metros de ancho.

Para entender ben esta irregularidade é suficiente con comprobar que todos os demais viais do polígono teñen como mínimo 17 metros de ancho, e o que máis ten 22 metros.

Segundo se explica na demanda presentada, en ningún dos Parques Empresariais previstos no Plan Galicia existe un vial de conexión como o novo acceso previsto en Cee e, por suposto, en ningún se incumpren os 16 metros previstos na lei con tanto descaro.

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Outra das irregularidades denunciadas, ademais de que o novo vial faise a costa de reducir as zonas verdes do Parque Empresarial, refírese a que a nova rúa incumpre as normas de accesibilidade previstas na lexislación do Estado, ao xerar unha pendente moi superior á autorizada, que impedirá a súa utilización por persoas con discapacidade. Segundo indican os recorrentes, ás persoas con dificultades non só se as discriminará se queren acceder a Mercadona por este vial, senón, e o que é máis grave, tampouco

poderán disfrutar das zonas verdes que lindan con este novo acceso.

escrita:

Por todo o devandito, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta

-Por qué o prazo concedido para a presentacion de ofertas na adxudicación mediante concurso por procedemento aberto das parcelas 36-37 foi de tan só cinco días?

-Considera este prazo suficiente, tendo en conta que os ofertantes tiñan que aportar numerosa documentación, incluída, ente outra, unha descrición gráfica do proxecto construtivo que se pretendía implantar, un cronograma de implantación de actividade e documentos administrativos?

-Non impoñen as propias instrucións internas de contratación da SEA un prazo mínimo de dez días?

-Non considera que este prazo impediu de facto que puidesen concorrer, en igualdade de condicións, outros ofertantes?

-Por qué se vendeu a parcela por 1.623.570 euros, cando a súa urbanización custou á SEA 986.628,65 euros (importe recollido na ficha do proxecto de reparcelación) e a construción do novo acceso, segundo informacións de prensa, 739.700 euros?

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421 gp-bng@parlamentodegalicia.es

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Vender a parcela por 1.623.570 euros cando o investimento feito ascendeu a

1.726.328 euros, non significa vender por debaixo do seu custe, causando un prexuízo aos/ás cidadáns/ás,xa que estamos a falar de diñeiro público?

-Por qué o novo vial de acceso a Mercadona ten ten unicamente 11,60 metros de ancho, cando o ancho mínimo dos viais de acceso aos novos parques empresariais non pode ser inferior a 16 metros?

-Por qué o novo vial ten unha pendente que incumpre as normas estatais de accesibilidade para persoas con discapacidade?

-Pensa emprender a Xunta de Galiza algunha acción para revisar as condicións nas que se fixo a adxudicación das parcelas devanditas?

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 13/05/2014 18:04:21