O BNG PRESENTA AS INICIATIVAS QUE VAI TOMAR PARA ESIXIR A VOLTA DO HELICÓPTERO A COSTA DA MORTE

O BNG PRESENTA AS INICIATIVAS QUE VAI TOMAR PARA ESIXIR A VOLTA DO HELICÓPTERO A COSTA DA MORTE

Voltará a presentar mocións nos concellos da bisbarra, presentou preguntas e iniciativas no parlamento galego e CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN, DIANTE DA BASE, O DOMINGO 26 AS 12 DA MAÑÁ.

O BNG presentou, en rolda de prensa no seu local de Corcubión, as inciativas que vai tomar a curto prazo para que volte o heilcóptero de Salvamento Marítimo a Costa da Morte.

Daniel Rodas, deputado no parlamento en materia de pesca, acompañado do portavoz de Fisterra, Xan Carlos Sar e do concelleiro en Cee e portavoz comarcal, Serxio Domínguez Louro, recalcaron a necesidade de que a base estea operativa canto antes, así como presentaron as medidas que van tomar.

Por un lado, Daniel Rodas acaba de presentar no parlamento galego unha batería de preguntas e iniciativas, para que o goberno galego inste ao ministerio de fomento, a repoñer a normalidade na base, así como se dean as explicacións necesarias para ramatar coas dúbidas que seguen no aire, xa que o hermetismo é total.

FullSizeRender

O Bng quere saber cal foi o custe exacto da base e as razóns polas que non está operativa, así como os problemas técnicos que fixeron que se tomara esta decisión. Está mais que claro que os informes que aconsellaban o lugar como o axeitado non estaban no certo, ou sinxelamente non existían, polo que o goberno debería aclarar este punto.

Preguntamos tamén polas medidas que se van tomar para o non desmantelamento da base, e das solucións técnicas que se van tomar, de facelo, para que non ocorra como no aeroporto de Castellón, cartos públicos invertidos para ningún uso.

Instamos tamén a que aXunta presione ao goberno do estado, para que si a base volve a funcionar, o faga con todas as medidas necesarias para unha seguridade total da xente do mar, e dicir, gardas presencias incluidas.

A nível comarcal, o Bng Costa daMorte está a presentar mocións en todos e cada un dos concellos, para que as corporacións locais insten a solución do problema.

Xa presentada e discutida en Fisterra, a semana videnira irá ao pleno de Cee.

E por último, demos a coñecer a mobilización, a que chamamos a toda a cidadanía da Costa da Morte que terá lugar o vindeiro domingo as 12 do mediodía, para que así a Xunta e o goberno español tomen nota do descontento.

Cee a 23 de outubro de 2014

Serxio Domínguez Louro