PLAN MIXTO EXPERIMENTAL EN FISTERRA.

PLAN MIXTO EXPERIMENTAL EN FISTERRA.

Ven de reanudarse a actividade parlamentar e con ela sae a escena a iniciativa do BNG de Fisterra escoitando a demanda do colectivo de mariscadores da localidade, mediante unha proposición non de lei que defenderá o seu deputado Daniel Rodas Chapela na tarde de mañán martes no Parlamento galego. Na proposta, o BNG insta a Xunta de Galiza a que adopte medidas para levar a cabo un Plan Experimental de explotación mixta, na modalidade de recurso específico con suministro de aire, para a recolección de ameixa, navalla e longueirón nos bancos infralitorais do areal da Langosteira en Fisterra.

O modelo actual de explotación de moluscos con raño, plantexa varios inconvintes, que se poderían mellorar coa nova proposta plantexada polo colectivo de mergulladores, entre eles, problemas de saúde ao supoñer un grande esforzo físico. A actividade de do raño, realizase en fondos de calado considerable e tendo que manter unha posición erguida, cargando no lateral das costas en condicións de mar a miúdo non favorables, pois estamos nunha enseada onde o mar bate continuamente. Non hai mais que ver os problemas lumbares que teñen os mariscadores, con baixas continuas ou sesións de masaxe ou no fisioterapeuta. O raño representa tamén unha maior agresividade no medio, danando o substrato e rompendo unha porcentaxe significativa dos moluscos recollidos. Ademais, coa actividade do raño, realízase un seguimento da evolución do banco e un control deficitario, dado que non se baixa a constatar a situación real.

Co novo modelo proposto, dado que a maioría dos recolectores conta con autorización para as dúas modalidades, suporía un aforro nos custes de mantemento da actividade, menos problemas de saúde e a posibilidade de ofertar no mercado un produto de maior calidade recollido con técnicas mais respetuosas para o medio.

No colectivo de mergulladores, son conscientes de que o cambio de modelo supón un risco para o banco de non estar convenientemente regulado, polo que apostan pola participación na toma de decisións e nas medidas de control do banco e de vixilancia para a ordenación e coidado do recurso, que é o seu medio de vida.

Por todo o anterior exposto, o BNG espera poder contar co apoio da cámara para poder constituir unha mesa de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e Mar, a confraría de Fisterra e a agrupación de mariscadores implicada, para por en marcha esta iniciativa experimental coa que mellorar as condicións de traballo do sector marisqueiro na área CM-082 correspondente ao areal da Langosteira, e que os servizos técnicos da consellería establezan coa confraría e coa agrupación de mariscadores as medidas oportunas para favorecer a incorporación de aqueles mariscadores que se adican en exclusiva a estracción de moluscos con raño en dito banco.