BNG CAMARIÑAS
O BNG de Camariñas organiza unha charla sobre memoria democrática ofrecida por Manuel Monge

Camariñas, 7 de marzo de 2025. Este venres 7 de marzo tivo lugar no salón de plenos de Camariñas unha charla sobre memoria democrática ofrecida polo sociólogo e vítima do franquismo Manuel Monge González. Organizada polo BNG de Camariñas e presentada polo voceiro municipal desta formación, Xurxo Rodríguez, o acto serviu para dar un repaso á Lei de Memoria Democrática e os aspectos que quedan pendentes de cumprir desta norma en Galiza.
Manuel Monge, que foi presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (2007-2011) e concelleiro do BNG na Coruña (2003-2007), falou da importancia de primeiramente informar e concienciar á cidadanía sobre memoria histórica, para logo actuar e cambiar as cousas que quedan por facer nesta materia.
Lembrou que, a data de decembro de 2024, existen en Galiza 1.034 restos de elementos franquistas distribuídos por 107 municipios. Puxo o exemplo, entre outros, da rúa adicada en Camariñas a Ambrosio Feijóo, que foi colaborador dos golpistas franquistas. Así mesmo, subliñou a dificultade para xulgar os crímenes da ditadura, porque a xustiza española considera que están prescritos.
Monge González tamén explicou que a Lei de Memoria Democrática estabelece que un dos fins do sistema educativo será o coñecemento da historia e memoria democrática, explicando a represión fascista producida durante a guerra civil e a ditadura de Franco.