BNG COSTA DA MORTE

O BNG da Costa da Morte presenta o cartaz da ANDAINA DA DIGNIDADE para reivindicar o remate da autovía

Cartaz Andaina da dignidade
Cartaz Andaina da Dignidade
O BNG convida a toda a veciñanza a participar nesta andaina para esixir á Xunta do PP que finalice a autovía da Costa da Morte, unha infraestrutura vital para o desenvolvemento da comarca
O BNG da Costa da Morte presenta o cartaz da ANDAINA DA DIGNIDADE para reivindicar o remate da autovía

O BNG da Costa da Morte vén de presentar o cartaz da ANDAINA DA DIGNIDADE, un acto para reclamar á Xunta do PP o remate da autovía da Costa da Morte. Trátase dunha reivindicación que o BNG da comarca leva facendo durante anos, e que o vindeiro sábado 26 de outubro terá outro capítulo coa convocatoria dunha andaina entre Berdoias e Cee.

O BNG fai un chamamento a toda a veciñanza da Costa da Morte para mobilizarse polo remate da autovía participando nesta Andaina da Dignidade. O mesmo día 26 haberá un autobús a disposición dos participantes, que sairá desde o polígono de Cee ata Berdoias ás 9 da mañá.

Son moitos anos de enganos e mentiras do Partido Popular, e a Costa da Morte ten que berrar alto e forte para que a Xunta de Galiza finalice dunha vez por todas unha infraestrutura que é fundamental para o desenvolvemento económico e social da comarca.

O BNG da Costa da Morte presenta o cartaz da ANDAINA DA DIGNIDADE para reivindicar o remate da autovía