BNG COSTA DA MORTE
O BNG da Costa da Morte urxe á Xunta a rematar as obras do servizo de onco-hematoloxía do hospital comarcal para poñelo a funcionar en novembro
A formación nacionalista lembrou que en maio deste ano, Oscar Insua preguntou na Comisión 5ª de sanidade do Parlamento galego sobre as previsións do goberno galego respecto da habilitación de dito servizo no Hospital Comarcal da Costa da Morte, así como as características que definían o proxecto e o seu estado de tramitación. O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva, dou resposta en dita comisión afirmando que as obras de acondicionamento do espazo e dotación de equipamento para o hospital oncolóxico tiña un prazo de execución de tres meses, e que as obras comezarían no período estival para interferir o menos posible na actividade do Centro sanitario.
“Pasou o verán, e as obras seguen sen rematar; a promesa de que o hospital de día estaría en funcionamento no mes de outubro non se cumpriu”, sinalou o BNG, que subliñou que “así mesmo, non se coñece proceso algún para dotar o persoal necesario para atender este novo servizo, o que indica que as previsións iniciais non se van a cumprir”.
Na iniciativa presentada no Parlamento galego, o deputado Oscar Insua pregunta polos motivos que están a causar que non estean rematadas as obras para poñer en funcionamento o hospital de día onco-hematolóxico, así como cal é a previsión exacta da Consellería de Sanidade para abrir aos doentes de cancro este servizo tan demandado na comarca.
Oscar Insua manifestou que “cada mentira do Partido Popular, danos máis forza e máis azos para exixir o que a Costa da Morte se merece: os mesmos servizos que os que teñen nas cidades. Non nos imos cansar de reivindicalos nin de demandalos para o hospital comarcal”.