BNG DUMBRÍA

O BNG de Dumbría pide a construción dun centro de día para o municipio cun mínimo de 25 prazas

Xaime Trillo e Xesús Túñez
Xaime Trillo e Xesús Túñez, concelleiros do BNG de Dumbría

Os nacionalistas lamentan que o alcalde non incluíse na orde do día do pleno unha moción súa de condena ao xenocidio en Palestina

O BNG de Dumbría pide a construción dun centro de día para o municipio cun mínimo de 25 prazas

O BNG de Dumbría impulsou unha moción no pleno ordinario celebrado este xoves 2 de xaneiro na que pediu á Corporación municipal que se pronunciase para instar á Xunta de Galiza a executar a construción dun centro de día no municipio para ofrecer un mínimo de 25 prazas.

A proposta nacionalista, que foi aprobada cos votos favorábeis dos grupos do PSOE e BNG e a abstención do PP, incide en que “a necesidade de abrir un centro de día faise cada día máis urxente, pois moitas familias nos teñen posibilidade de conciliar a súa vida laboral e familiar co coidado que precisan moitos maiores dependentes, sobre todo de grao severo ou grandes dependentes”.

O voceiro do BNG de Dumbría, Xaime Trillo, manifestou que “a situación é límite no noso concello, onde non abondan as horas de SAF porque as persoas dependentes son dependentes as 24 horas, non as tres ou catro que teñen ese servizo”.

Moción de condena ao xenocidio en Palestina

Por outra banda, o grupo municipal do BNG lamentou que o alcalde non incluíse na orde do día do pleno unha moción súa na que se pedía a condena ao xenocidio en Palestina e a ocupación do seu territorio por parte do goberno sionista de Israel, así como a solidariedade da corporación co pobo palestino e o recoñecemento da súa integridade territorial e da súa soberanía.

Xaime Trillo sinalou que “cremos que sería axeitado obter un pronunciamento de condena da Corporación ante a terrible situación que está a vivir a poboación palestina, con miles de asasinatos que están quedando impunes, mais lamentamos que o alcalde non quixese debater este tema no pleno”.

O BNG de Dumbría pide a construción dun centro de día para o municipio cun mínimo de 25 prazas