BNG FISTERRA

O BNG de Fisterra denuncia o incumprimento da Xunta coa pediatría no municipio

concentración Fisterra
concentración Fisterra

Tereixa Fernández indica que “seguiremos loitando e mobilizándonos por algo que é un dereito e que tería que estar consolidado” 

 

O BNG de Fisterra denuncia o incumprimento da Xunta coa pediatría no municipio

Fisterra, 17 de setembrro de 2024. O BNG de Fisterra volveu a denunciar os incumprimentos da Xunta de Galiza ante a falta de pediatra no centro de saúde da localidade, e lembrou que “o Sergas prometeu que o servizo estaría cuberto este verán, pero comprobouse que as promesas do PP continúan converténdose en mentiras”. 

Os nacionalistas sinalaron que a atención médica das crianzas de Fisterra segue sendo derivada ao centro de saúde de Cee, provocando saturación no servizo, con retrasos en citas, revisións de idades e vacinacións.

A voceira do BNG de Fisterra, Tereixa Fernández, exixiu a praza de pediatra para  o municipio e manifestou que “estamos vendo como as crianzas teñen que ir a Cee e por riba aguantar retrasos”. A representante nacionalista insitiu en que o problema persiste desde que se xubilou o profesional que exercía de puericultor na vila, e  indicou que “seguiremos loitando e mobilizándonos por algo que é un dereito e que tería que estar consolidado”.   

O BNG  xa organizou manifestacións na localidade para denunciar a situación, como a última concentración celebrada o 1 de xullo diante do centro de saúde, e afrmou que “se o problema continúa seguiremos coas mobilizacións e incluso con iniciativas no Parlamento galego”.

O BNG de Fisterra denuncia o incumprimento da Xunta coa pediatría no municipio