BNG DE MUXÍA

O BNG de Muxía pide un proxecto de recuperación para toda a contorna da Barca

A Barca
A Barca

Aprobada unha moción no último pleno na que os nacionalistas instan á restitución e reparación do lugar, e a retirar “á maior brevidade” os elementos de sinalización recentemente colocados

O BNG de Muxía pide un proxecto de recuperación para toda a contorna da Barca

Muxía, 22 de novembro de 2024. O BNG de Muxía vén de presentar unha moción no Pleno da Corporación celebrado o xoves 21 de novembro na que pide un proxecto de recuperación da contorna da Barca. Na iniciativa, que foi aprobada por todos os grupos excepto a abstención do PSOE, solicita “que se retiren á maior brevidade os elementos de sinalización recentemente colocados no entorno da Pedra d’Abalar, do Faro da Barca e doutros lugares singulares do contorna, non só as partes superficiais suxeitas con barras e cadeados, dos que se di que se poden retirar no outono, senón tamén os soportes de ferro fixados con bulóns ás pedras”.

Os nacionalistas queren que se restitúa a integridade das pedras co obxectivo de minimizar os danos causados durante a instalación das pezas de sinalización, e instan ao goberno municipal “a iniciar canto antes xestións coas institucións públicas para financiar un proxecto, non de ‘mellora’ do entorno da Barca, senón de restitución e reparación deste espazo”.

Desde o BNG apuntaron a actuar retirando a placa de formigón armado de 70 metros cadrados sobre a Pel, reducindo o actual tamaño do formigonado do miradoiro e a recuperar as laxas, tal e como está recollido no proxecto consensuado pola Corporación en 2018. Ademais, consideran que sería desexable estudar as interferencias do monólito da Ferida co Santuario e sobre outras pedras milenarias como a de Abalar, e se o seu  emprazamento é o mais axeitado.

A formación frentista subliñou que “se procure ante todo o consenso en calquera proxecto que pretenda actuar sobre este espazo no futuro, para evitar actuacións unilaterais e de parte como as que se produciron”.

O BNG de Muxía pide un proxecto de recuperación para toda a contorna da Barca