BNG COSTA DA MORTE

O BNG pide a creación dunha unidade de investigación terrestre do SVA na Costa da Morte e insiste na base marítima permanente

O deputado Oscar Insua reuníuse con Henrique del Río, delegado da CIGA na AEAT-SVA
O deputado Oscar Insua reuníuse con Henrique del Río, delegado da CIG na AEAT-SVA
O deputado Oscar Insua tamén solicita no Parlamento galego que a Xunta inste ao goberno central a negociar a transferencia de competencias  do servizo aduaneiro, e neste sentido declarou que “recentemente o PP dixo que quen mellor que os galegos para xestionar o litoral, e digo eu que quen mellor que os galegos para vixialo. Espero que o PP sexa coherente e apoie a nosa iniciativa”
O BNG pide a creación dunha unidade de investigación terrestre do SVA na Costa da Morte e insiste na base marítima permanente

Costa da Morte, 27 de setembro de 2025. O deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, vén de presentar iniciativas no Parlamento galego nas que pide á Xunta de Galiza que inste ao goberno central a crear unha unidade de investigación terrestre do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na Costa da Morte, así como a estabelecer na comarca unha base marítima aduaneira permanente. Cuestión esta última que xa vén demandando a formación nacionalista nos últimos meses, con propostas parlamentarias tanto na Cámara galego como no Congreso dos Deputados.

Oscar Insua, impulsou estas iniciativas logo de manter unha reunión con Henrique del Río Otero, delegado da CIG na AEAT-SVA, nas que tamén invita ao Goberno galego a que se dirixa ao executivo estatal para iniciar negociacións encamiñadas a transferir o Servizo de Vixilancia Aduaneira á Xunta de Galiza, así como que proceda a autorizar a utilización provisional das embarcacións incautadas en agosto ao barco 'Lila Mumbai' en Algeciras para destinalas ás bases marítimas do SVA en Galiza, asegurando a operatividade en todas elas e tendo en conta que a Axencia Tributaria non aportou ningunha solución para que as bases conten con novas lanchas de servizo.

“É necesario adoptar medidas inminentes para que a costa galega, e en particular a Costa da Morte, estea ben protexida e vixiada, máxime cando corpos e forzas de seguridade manifestaban recentemente que cren que entran en Galiza ata cinco narcosubmarinos ao mes”, sinalou a formación nacionalista.

O parlamentario Oscar Insua manifestou que “Ribadeo e Muros, están sen barcos para saír ao mar. Vilagarcía está sen un deles, e o resto de embarcacións están cada dous por tres nos talleres; acaban de decomisar varias lanchas en Xibraltar que perfectamente se poden destinar a Galiza, e tamén á Costa da Morte, e así imos a pedirllo ao goberno en Madrid. Non podemos ter máis tempo as costas sen vixilacia polo mar como este verán deixando as portas abertas aos narcosubmarinos”.

O BNG pide a creación dunha unidade de investigación terrestre do SVA na Costa da Morte e insiste na base marítima permanente