BNG COSTA DA MORTE

Homenaxe ás mulleres das ANPA’s da Costa da Morte pola súa loita para reivindicar melloras nos centros escolares

Mulleres da Acción Feminista do BNG comarcal, coas nais representantes das ANPA's da Costa da Morte
Mulleres da Acción Feminista do BNG comarcal, coas nais representantes das ANPA's da Costa da Morte
O acto, enmarcado no 8-M, foi organizado pola Acción Feminista do BNG comarcal e tivo lugar este sábado 14 de marzo en Muxía
Homenaxe ás mulleres das ANPA’s da Costa da Morte pola súa loita para reivindicar melloras nos centros escolares

Costa da Morte, 14 marzo de 2026.  A Acción Feminista do BNG da Costa da Morte rendeu homenaxe  este sábado 14 de marzo en Muxía ás mulleres das ANPA’s da comarca, en recoñecemento á súa loita por demandar melloras nos centros escolares, especialmente neste curso no que veñen participado en mobilizacións para reclamar máis docentes para o alumnado con necesidades especiais.

O acto, enmarcado na celebración do 8-M, foi presentado pola voceira municipal do BNG de Muxía, Mercé Barrientos, e foi pechado pola deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra. Foron invitadas representantes das ANPA’s dos concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Dumbría, Muxía, Vimianzo, Camariñas e Zas, que recibiron un agasallo por parte das organizadoras.

Entre o numeroso público asistente estiveron o deputado do BNG Oscar Insua; os alcaldes de Zas e Muxía, Manuel Muíño e Javier Sar; e membros do BNG das diferentes localidades da comarca.

A Acción Feminista do BNG sinalou que  “neste curso 2025-2026  toda a comarca vén de sufrir recortes importantes en educación, e a defensa do ensino público por parte das ANPAS, constituídas maioritariamente por mulleres, fai que sexan merecedoras dun recoñecemento especial”. 

O evento contou coa actuación musical das mozas pandeireteiras “Os Roquiños”, e ao remate o público asistente puido degustar duns petiscos.

Homenaxe ás mulleres das ANPA’s da Costa da Morte pola súa loita para reivindicar melloras nos centros escolares