BNG COSTA DA MORTE

Nova concentración de solidariedade con Palestina en Corcubión

Concentración Palestina 2-12-24
Concentración Palestina 2-12-24
Reprobouse o silencio absoluto da Xunta de Galiza e de Alfonso Rueda, que nin sequera  respondeu ás solicitudes de reunión que a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina lle ten proposto.
Nova concentración de solidariedade con Palestina en Corcubión
A Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller este luns 2 de decembro unha concentración de solidariedade co pobo palestino, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina (CGSP) e apoioda polo BNG Costa da Morte .

Douse lectura a un manifesto no que se recalcou que Palestina, como o resto de pobos do mundo, teñen dereito á súa autodeterminación. Deixando claro que a loita do pobo palestino é de toda a humanidade e non nos é allea.

Denunciouse a desidia de quen nos goberna, porque xoga a favor do imperialismo e contra a paz e a xustiza para os pobos. Así como a equidistancia da Unión Europea, cuxos portavoces aseguran que cumprirán a lei e deterán Netanyahu se sae de Israel, pero se negan a dar nin un paso máis para forzar, con destinvestimentos, sancións e boicotes, o fin do xenocidio.

Tamén se reprobou o silencio absoluto da Xunta de Galiza e de Alfonso Rueda, que nin sequera  respondeu ás solicitudes de reunión que a CGSP lle ten proposto.

Na concentración estiveron presentes o deputado do BNG da Costa da Morte no Parlamento galego, Oscar Insua; o alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez "Drok"; e membros do BNG de distintas localidades da comarca.

Concentración Palestina 2 2-12-24
Concentración por Palestina  2-12-24
Nova concentración de solidariedade con Palestina en Corcubión