BNG COSTA DA MORTE
Renovado o Consello Comarcal do BNG da Costa da Morte
Xurxo Rodríguez Baña foi reelixido como Responsábel Comarcal
Costa da Morte, 19 de decembro de 2024. O BNG Costa da Morte vén de renovar o seu Consello Comarcal, logo da asemblea comarcal celebrada na Casa da Cultura de Corcubión o mércores 18 de decembro, e na que resultaron electos 13 membros para o órgano de dirección comarcal. Tamén resultou reelixido Xurxo Rodríguez Baña como Responsábel Comarcal do BNG; posto que xa vén desenvolvendo nos últimos anos.
O proceso de renovación do Consello Comarcal prodúcese logo da celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG en Compostela, o pasado 1 de decembro. Tras esta cita asemblearia, corresponde renovar os órganos de dirección de cada comarca.