BNG COSTA DA MORTE
O apoio ao pobo palestino continúa neste 2025 cunha nova concentración en Corcubión
A Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller este luns 20 de xaneiro unha nova concentración de solidariedade con Palestina, tras o anuncio do cesar fogo que entrou en vigor o domingo 19. A mobilización foi convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e apoiada polo BNG Costa da Morte.
Leuse un manifesto no que se declarou que a ocupación continúa, o cesamento do fogo debe ser permanente, os criminais de guerra deben ser xulgados e o pobo palestino debe decidir o seu destino. O pobo palestino precisa non só que o paren de matar, senón tamén que o deixen en paz para poder erguerse de novo e voltar camiñar.
Do sionismo é obrigatorio desconfiar. Os seus gobernos teñen roto tantas treguas e iniciado tantas agresións que é imposíbel xa contármolas. Por iso, nesta nova fase que se abre, hai que permanecer de ollos abertos a calquera violación dos acordos e continuar sempre a falar da Palestina, e continuar sempre a explicar a súa realidade.
A acción de denuncia de Israel, que durante estes meses acompouse da denuncia da inacción e da covardía de quen nos goberna, debe continuar.