BNG COSTA DA MORTE
Seguimos mobilizándonos en solidariedade co pobo palestino
Corcubión, 17 de decembro de 2024. Este luns 16 tivo lugar en Corcubión unha nova concentración de solidariedade co pobo palestino, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina e co apoio do BNG Costa da Morte.
Leuse un manifesto no que se condenou que as forzas de ocupación continúan a arrasar diariamente Gaza, con asasinatos e secuestros no resto da Palestina ocupada, e no que se fixo fincapé no número de vítimas mortais e de vidas destrozadas, que non para de medrar, e está perto de chegar ás 45.000.
Destacouse que a loita palestina non está illada no mundo, pois fai parte da loita dos pobos por exercer a súa soberanía sen ser tutelados ou agredidos. Por iso, afirmouse que a loita do pobo palestino é unha loita pola humanidade toda, e que implica a todas e todos.
Ademais, denunciouse que as potencias imperialistas teñen impedido calquera acción directa contra o sionismo e os seus intereses, e mesmo seguen criminalizado en grande medida a solidariedade coa Palestina.