O BNG CONCENTROUSE DIANTE DO HELIPORTO PARA RECLAMAR A VOLTA DO HELICÓPTERO A COSTA DA MORTE
Unhas cincuenta persoas concentrarónse onte diante do heliporto de Ruibo-Lires, para reclamar a posta en marcha da instalación e a volta do aparato a instalación.
Entre os asistentes estaba o alcalde de Carnota, Moncho Noceda, o deputado Daniel Rodas, Rafa Mouzo, exalcalde de Corcubión, e diferentes concelleiros e concelleiras do Bng na bisbarra. Ademais, varios profesionais do mar acudiron a cita, na que se portaba unha pancarta co lema As nosas vidas non teñen prezo. Heliporto Xa!!!
Dende o Bng seguiremos a tomar medidas de presión, como xa anunciamos a semana pasada, tanto no eido das administracións, parlamento galego e español, como na rúa.
Comezan a soar rumores, mais que fiables, de que a base non pode ser operativa pola súa ubicación por razóns meteorolóxicas, o que contaradí aquilo que se dicía no momento de decidir onde se ubicaba, o mellor sitio para evitar os bancos de néboa .
De ser así, o goberno está obrigado a dar as explicacións pertinentes, de tomar as medidas precisas para salvar esas eivas, e sobre todo de buscar responsables de tamaña desfeita, na que se invertiron case dous millóns de euros, para agora descoñecer o futuro da instalación, a mais, claro está, de seguir coa vida dos profesionais do mar sen a protección debida.
Xogar desta maneira cos cartos de todos e todas, non é laboura do goberno do Pp, nen do anterior do Psoe, polo que ambos deben falar e por negro sobre branco.
Cee a 27 de outubro de 2014
Serxio Domínguez Louro